Quince concellos de todo signo, "en negro" contra a violencia machista
Gobernos locais de diversas forzas políticas únense á campaña lanzada o pasado ano polo Concello de Santiago para implicar o tecido social e comercial no rexeitamento das agresións de xénero co gallo do 25 de novembro
O Supremo abre a posibilidade dunha maior protección para o Camiño de Santiago no Pino
Acepta o recurso de casación contra un auto do TSXG do 2014 que desestimaba a petición de modificación do trazado entre O Amenal e o límite do Aeroporto de Lavacolla decidido pola Xunta en 2012 e que se separa do itinerario histórico.
Un país a monte
Dúas terceiras partes da superficie de Galicia son terreo forestal, de pasteiro ou mato. Tan só o 23% son terras de cultivo ou prado
A 'operación Jaro' un ano despois: os detidos denuncian "indefensión" e "represión política"
O colectivo de independentistas imputados insiste en denunciar o proceso e en apañar apoios, tamén contra a ilegalización de Causa Galiza. O caso chegará ao Parlamento Europeo e á Cámara galega.
Ourense acollerá cinco persoas refuxiadas, elevando a 16 a cifra total en Galicia
Son sirios e sirias procedentes do Líbano e chegaron este mércores a Madrid. No que vai de ano, España deu asilo a 687 vítimas deste conflito, moi lonxe das 16 mil que aceptou acoller nun comezo ou das case dez mil que finalmente se comprometeu a reubicar e reasentar.
O PP forza repetir o pleno da Deputación de Lugo tras bloquear toda a orde do día
Os conservadores e o alcalde de Becerreá non debateron en ningunha iniciativa e votaron en contra de todas como "sinal de protesta" pola conversión dunha moción en rogo. Entre as iniciativas vetadas figura a concesión do premio Otero Pedrayo.
O ensino galego volve saír á rúa contra a Lomce e as reválidas
Varias manifestacións percorren cidades galegas contra as "reválidas franquistas" e a lei educativa do Goberno do PP nunha xornada de folga convocada polo Sindicato de Estudantes. As dúas plataformas en defensa da ensinanza pública volven manifestarse por separado.
Unha folga no ensino protestará este mércores contra as reválidas
A comunidade escolar está chamada este mércores a un paro contra as reválidas, pola derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes no ensino público. Ao longo do día haberá manifestacións e concentracións en todas as cidades galegas. Horarios no interior
Os castros, espazos dispoñibles para a construción
A iniciativa Canibalismo Urbanístico. Maltrato da Paisaxe denunciou este domingo a construción dun campo de fútbol, un polideportivo e unha piscina enriba dun castro en Antas de Ulla. A web Patrimonio Galego recolle outros casos semellantes
O programa 'A Flote' para impedir desafiuzamentos na Coruña, "bloqueado" por PP e PSOE
A continuidade da iniciativa da Fundación Emalcsa, que nos últimos catro meses axudou a 69 persoas que ían ser desaloxadas das súas casas, está no aire, despois de que populares e socialistas se negasen a debatelo no padroado da entidade, alegando que aínda non se aprobaran os seus orzamentos
Leiceaga rexeita unha “fronte” polo traspaso da AP-9 e pide que o siga reclamando o Parlamento
O portavoz socialista non acudirá á reunión impulsada polo BNG para este martes, que si aceptou En Marea. Argumenta que debe ser a Cámara como tal e non os partidos quen defenda a “posición unánime” de Galicia.
Un músico, unha zoqueira, un webmáster... O futuro da lingua galega con música e humor
O LGx15 celebra o 24 de novembro a súa segunda edición co obxectivo de transmitir de maneira "visual, entretida e divertida" ideas, argumentos e consellos para "influír positivamente sobre o futuro do galego".