As ONGs xa denunciaran en 2014 a explotación de traballadoras sirias nas provedoras de Inditex
A BBC emitirá esta noite unha reportaxe que afonda no traballo ilegal que milleiros de refuxiadas e refuxiados procedentes de Siria realizan en empresas textís turcas para grandes marcas, entre elas Inditex. A situación xa fora sinalada pola campaña Roupa Limpa hai dous anos
O ex-número tres do PPdeG presenta a cúpula da Gürtel como vítima dunha "operación de Rubalcaba"
Pablo Crespo, presunto número dous da trama, admite que o advertiron da investigación meses antes de que estourase o caso. O antigo secretario de organización do PP galego nega calquera relación coa contabilidade en negro da rede
Bibliotecas: menos orzamento para cada vez máis público
Este luns 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, que nos últimos anos viron reducidas as achegas económicas que reciben da Xunta, pero incrementaron notablemente o número de usuarios e usuarias. Bamad Galicia reclama máis fondos para rematar coa "asfixia" que sofren estes centros
A loita pola lei galega de identidade sexual sae á rúa
Os colectivos LGTBI de Galicia lembran as súas principais reivindicacións no día contra a despatoloxización da transexualidade.
O home que financiou o 'Sempre en Galiza': Fin de semana para a memoria en Salvaterra
As figuras e traxectorias persoais e políticas de Manuel Puente, Manuel Mariño e José Domínguez serán lembradas esta fin de semana na exposición 'A nosa memoria', que organiza a asociación Lazoiro.
As denuncias por violencia machista aumentan un 6% en Galicia
Os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre deste ano 1.389 demandas por violencia de xénero, cuxa taxa sitúase en 9,15 fronte ao 14 de media estatal.
Os traballadores de Extel levarán o ERE aos tribunais de executarse
A representación sindical acordou por unanimidade non asinar o expediente de regulación de emprego malia que a empresa rebaixou o número de afectados e mellorou a oferta económica. O cadro de persoal mantense unido contra un despedimento "inxustificado".
"Buscamos construír un espazo de traballo común para facer presente o feminismo no día a día"
A Plataforma Feminista Galega celebrará este sábado 22 en Santiago de Compostela a súa asemblea constituínte, consolidando un espazo plural que vén funcionando xa dende o pasado ano
Miguel de Lira, protagonista do FIOT de Carballo
O actor recibirá o venres o premio Xograr de Outono do festival, que trasladará o espectáculo Micro-Shakespeare de Laitrum Teatre do Pazo da Cultura á praza do Concello debido á previsión de bo tempo
Novas mobilizacións da comunidade educativa insisten no rexeitamento á Lomce
Estudantes e docentes concentrárone contra a polémica lei educativa en numerosos centros de ensino de toda Galicia convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Galería de imaxes no interior.
"Queremos achegar outra perspectiva sobre estas mulleres, empregando lentes lila"
Urco Editora pon en marcha unha campaña de crowdfunding para lanzar Mulleres bravas da nosa historia, unha colección de libros infantís que buscan dar a coñecer aos públicos máis novos unha serie de mulleres exemplares na historia de Galicia
A edición en galego, un ano máis á baixa, acumula unha caída do 50% dende o 2010
No 2015 publicáronse 1.394 libros en galego, fronte aos 1.439 de 2014 ou aos 2.544 de 2010. As editoriais pequenas, as máis prexudicadas, producen a terceira parte dos títulos que sacaban ao mercado hai cinco anos