O 11 de novembro, homenaxe a Camilo Nogueira
O Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela acollerá ese día un acto de homenaxe conducido por Fernanda Tabarés, Manuel Rivas e Suso de Toro. Actuarán Uxía e os grupo Tundal e Pardal na rúa e intervirán Pencha Santasmarinas, Ana Gandón e Ana Miranda
As rendas sociais municipais, aposta das mareas para levar a iniciativa política
Dende hai uns días xa se poden solicitar na Coruña e Compostela as rendas municipais, unha das medidas centrais para dar solución á situación de emerxencia social que viven moitas persoas nas dúas cidades. Falamos con Silvia Cameán e Concha Fernández, as concelleiras responsables da súa posta en marcha.
Nace o Colectivo Feminista de Pontevedra, baixo o lema “unidas, diversas e combativas”
Cinco asociacións e máis de 30 mulleres a título individual integran a agrupación, presentada este sábado
As sete cidades galegas mobilizáronse contra o TTIP e o CETA
A maior parte das marchas, convocadas no marco dunha xornada internacional de protesta contra estes tratados comerciais, tiveron lugar baixo a chuvia.
Acusan o edil de Mocidade en Noia de adxudicar contratos a dedo á empresa do líder de Novas Xeracións
A Marea de Noia denuncia que Ramón Santos, concelleiro e presidente de NNXX na provincia, outorgou contratos sen convocatoria aberta e por valor de 5.445 euros para a realización dun campamento de verán á empresa do secretario xeral da organización xuvenil do PP, Jose Devesa
O achado das antigas murallas na Maestranza consolida o carácter público do espazo
As prospeccións arqueolóxicas que está a realizar Defensa confirmaron a existencia dos restos do antigo sistema defensivo da Coruña. O Concello negociará co Ministerio a recuperación das parcelas
O TSXG confirma a ilegalidade das obras no proxecto hoteleiro do Castelo de Monterrei
O tribunal anula definitivamente a licenza que o Concello aprobou para reformar o monumento e convertelo nun Parador. A normativa permite unha edificación máxima de 300 metros cadrados e neste caso autorizáronse dous mil
Os desaloxos seguen aí: 7.6 ao día en Galicia, a maioría por alugueiros impagados
Nos últimos tres anos e medio producíronse 8.643 lanzamentos en Galicia, 5.496 relacionados co pagamento do alugueiro. A situación non experimentou apenas melloras dende o 2013.
Humor do país: Os cadriños de Davila xa son pezas de museo
O Museo do Humor de Fene pon en marcha unha mostra de tiras, orixinais e figuras dos personaxes de Luis Davila. A exposición, inaugurada esta semana, estará aberta ata mediados de novembro
A contía media das bolsas universitarias caeu un 29% en Galicia dende o 2010
A CRUE presentou o informe A universidade española en cifras 2014/15, que pon ao descuberto o descenso nas axudas ao estudo e tamén a carencia de recursos e financiamento que sofren os centros.
Dylan, moi presente na literatura galega
O músico e poeta de Minnesota foi recoñecido este xoves co Nobel de literatura. Sen apenas obra literaria pero cunha capacidade de xerar imaxinarios e de influír en varias xeracións de lectores/as e escritores/as difícil de igualar por ningún outro autor vivo.
Galicia e Portugal, unidas pola poesía e a música
O vindeiro 25 de outubro a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela organizará no no Teatro Principal unha gala de premios da música galega e portuguesa, Ari(t)mar Galiza e Portugal