A Xunta tramita unha planta de biomasa en Curtis que quintuplica a potencia permitida
A instalación promovida por Renova Generación acadaría os 50MW, mentres que a normativa galega de 2008 fixa o límite en 10MW. A iniciativa, tramitada polo Goberno galego, atópase en exposición pública. ADEGA e FEG presentaron alegacións a un plan que empregría cultivos enerxéticos.
Povisa volve á carga no seu intento de captar pacientes (e cartos) da sanidade pública
O hospital privado inicia unha nova campaña para tentar que dous mil usuarios e usuarias do Álvaro Cunqueiro utilicen os seus servizos. Busca recibir un millón de euros máis do Sergas, en virtude do concerto polo que o centro obtén 540 euros anuais por cada tarxeta sanitaria xestionada.
"A administración pública debe intervir para garantir os dereitos dos consumidores"
Falamos co lucense Víctor Muñoz Meilán, primeiro presidente de Facua-Galicia, entidade de defensa dos e das consumidoras, que nace con 8 mil socios/as e asociados/as, produto da unión de ACUA e a estrutura galega de Facua.
"Este outono xogámonos moito". Semana de mobilización contra TTIP e CETA
As sete cidades galegas acollerán este sábado actos contra os tratados de libre comercio que a UE negocia con Canadá e os Estados Unidos, o principal en Vigo. Os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol, xunto con deputados e deputadas galegas, asinan un manifesto de apoio ás mobilizacións
O Foro Económico alerta das dificultades de Galicia para crear emprego
O novo Informe de Conxuntura publicado pola entidade salienta que dende 2008 a comunidade só recuperou 1,6 dos 18,5 puntos de emprego perdidos, fronte aos seis recuperados polo conxunto de España.
O 'derradeiro bafo' que levará a memoria das pequenas aldeas
Un grupo de estudantes universitarios/as percorreron sete núcleos de poboación ao borde da desaparición para realizar un libro de imaxes e textos que reflexiona sobre o esmorecemento da Galicia rural.
A maioría do pleno da Coruña pide derrogar a Lei Montoro
Marea Atlántica, PSdeG-PSOE e BNG demandan acabar coa Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración, que "recortou servizos sociais" e "amputou garantías democráticas". Audios no interior
A Mesa anima a encher o 1004 de chamadas pedindo atención en galego
A acción levarase a cabo este venres de 10 a 11 da mañá e de 5 a 6 da tarde. O pleno da Coruña aproba por unanimidade unha moción que lle demanda a Movistar información sobre o lugar dende onde van prestar o seu servizo e que critica as últimas reformas laborais
Feiraco, Xallas, Os Irmandiños e Melisanto únense nunha gran cooperativa láctea
Integraranse nunha cooperativa de segundo grao para gañar "competitividade e eficiencia". A súa produción conxunta supón o 20% de toda Galicia e sumarán 4.240 socios e uns 430 traballadores. O acordo volve facer agromar a eterna aspiración do gran grupo lácteo galego.
Ferrol desbloquea o seu financiamento cun PSdeG dividido e a abstención do PP
O pleno aprobou o modificativo de crédito cos votos de Ferrol en Común e das dúas edís socialistas que continúan no Goberno e grazas ao cambio de postura dos populares. Sestayo acusa a Rosa Méndez e María Fernández de "tránsfugas" e de "vender os votos por cargos"
Unha nova morte producida pola caza reabre o debate sobre a participación de menores
Esta fin de semana un cazador perdeu a vida en Melide e outro resultou ferido en Silleda. Libera demanda que se eleve de 16 a 18 a idade mínima, modificando a lei aprobada en 2013. Dende o 2007, 14 persoas faleceron en Galicia en incidentes relacionados con esta práctica.
'Sicixia' e 'No cow on the ice' achegan dous novos premios ao cinema galego
A actriz fisterrá Marta Lado recibe no Festival Cinespaña de Toulouse o galardón á mellor actriz polo seu papel de Olalla na longametraxe de Ignacio Vilar. A fita 'No cow on the ice', de Eloy Dominguez, recoñecida como mellor documental.