Semente busca financiamento para abrir unha escola en Lugo
O grupo de persoas que busca abrir a primeiro centro de Semente no concello conseguiu xa a cesión de uso da antiga escola rural de Barbaín e busca agora recadar entre 6 mil e 9 mil euros para completar a súa rehabilitación e apertura.
"Fálalle galego". A lingua no ensino infantil, protagonista da Revista Galega de Educación
O número monográfico foi presentado este mércores na Coruña e inclúe unha ducia de traballos de sociolingüístas e outros expertos e expertas que analizan a actual situación, proxectos e experiencias en marcha e perspectivas de futuro.
O "gran teatro-cine" que puido revolucionar o Ensanche de Santiago
O arquitecto Costa Buján repasa nun libro a evolución do Ensanche da capital galega para "dignificar e poñer en valor o patrimonio" e "estimular a súa protección actual e futura permanencia"
A Flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza, abordada polo exército israelí
O buque Zaytouna-Oliva, no que viaxan trece activistas de distintos países, foi interceptado ao redor das catro da tarde. Ás 19 horas están convocadas concentracións nas sete cidades galegas
Adiado o xuízo contra as persoas procesadas pola ocupación da Sala Yago
A vista queda aprazada ata o 13 de marzo do vindeiro ano, debido á renuncia dunha das avogadas defensoras. Medio cento de persoas concentráronse ante os xulgados
O lento camiño de redución da fenda dixital galega
A porcentaxe de usuarios/as de Internet segue a estar seis puntos por debaixo da media española, unha diferenza semellante á que se rexistraba hai unha década. A proporción de fogares conectados por banda larga -a 3 puntos do dato estatal- si reduciu parte da marxe
Aumentan os fogares que chegan con moita dificultade a fin de mes en Galicia
Os datos do IGE revelan que máis do 12% das familias se atopan nesa situación, un incremento de case tres puntos con respecto ao trimestre anterior. A confianza do consumidor tamén descendeu nos últimos tres meses.
As traballadoras de Extel manifestaranse este xoves en defensa dos seus empregos
Xulio Ferreiro solicitou unha xuntanza coa empresa e con Movistar para buscar alternativas ao ERE que pode deixar na rúa 205 persoas na Coruña. A compañía amosouse inflexible na xuntanza mantida cos sindicatos
O vertedoiro proxectado en Lousame prevé acumular 700 mil toneladas de residuos en 10 anos
Atópase en exposición pública o proxecto para construír na localidade un centro de tratamento de residuos industriais, que sumaría 77.000 toneladas de lixo non recuperado cada ano. Vén de constituírse unha plataforma local contraria á instalación
"A educación social permite ter unha escola máis aberta á súa contorna"
Esta fin de semana celebrouse en Ourense o I Congreso Internacional de Educación Social na Escola, organizado por Nova Escola Galega e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. Falamos con Mariló Candedo.
"A apatía dos colombianos amosa que houbo un problema de comunicación"
Falamos con Roberto Mansilla, analista do IGADI especializado na actualidade de América Latina, sobre as razóns do fracaso do referendo sobre o proceso de paz en Colombia e as súas consecuencias. O non impúxose co 50,21% dos votos, cunha abstención que superou o 62%.
As persoas que van andando ou en bici ao traballo aumentan un 62% dende 2011
O uso do transporte público é practicamente residual, empregado tan só polo 5% da poboación, mesmo nas cidades. Dende o 2011 a súa utilización mesmo se reduciu, ao tempo que se incrementaban os desprazamentos en vehículos a motor privados