Os concellos galegos exportan igualdade de xénero a Mozambique
Concelleiras de Lugo, Moaña, Verín e San Sadurniño achegan en Maputo boas prácticas ás súas homólogas locais no marco dun proxecto do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
A sueca Marta Dahlgren reivindica o galego ao recoller o XV Premio de Tradución Plácido Castro
A tradutora foi premiada pola adaptación ao galego de Kallocaína, de Karin Boye
O Consello Nacional do BNG cre que o 25-S “evidencia a recuperación dun apoio social e electoral”
Ana Pontón aposta por reformar o regulamento do Parlamento para “superar burocracias” e levar á Cámara os problemas reais da rúa para que a cidadanía “recupere o sorriso”
15 anos dunha Árbore con raíces fortes
A primeira cooperativa galega de consumo consciente celebra o seu aniversario con diversas actividades
A SGHN alerta das eivas do plan forestal da Xunta
A Sociedade Galega de Historia Natural vén de presentar as súas alegacións ao documento, sinalando que o texto ignora os problemas de erosión e que prevé un incremento excesivo da masa forestal
20 filmes galegos participarán no Festival de Cine de Ourense
Dous filmes compiten na sección oficial, Manuel Vilariño. Ser luz e Angélica [una tragedia] e o resto nas seccións paralelas. O evento celebrarase do 28 de outubro ao 5 de novembro
A Galicia de dereitas
O PP obtivo máis do 50% dos votos en 215 concellos do país e noutros 34 a suma de populares e Ciudadanos superou a maioría absoluta dos sufraxios. Tan só en 64 localidades as formacións conservadoras fican por debaixo desa cifra
Focus GalicianTunes: 26 festivais internacionais mergúllanse na música galega
Focus GaliciaTunes celébrase xusto antes do Womex e comeza, o 16 de outubro, cun concerto de balde aberto ao público xeral
Só o 9% dos gandeiros galegos piden a subvención da UE para reducir a produción de leite
As organizacións agrarias non cren que a medida comunitaria axude na crise do sector. Menos de 800 explotacións optaron pola subvención dun total de 8.755.
O ERE de Extel pode deixar na rúa a 205 persoas na Coruña
A empresa anunciou esta tarde o alcance da medida, que afecta a 355 traballadores/as en toda España. O centro da cidade herculina, cun total de 900 empregados/as, é o máis prexudicado.
Dúas das concelleiras do PSdeG-PSOE seguirán no Goberno de Ferrol
A pesar de que este luns pola noite a Executiva local dos socialistas aprobou a ruptura do pacto con Ferrol en Común, as edís Rosa Méndez e María Fernández Lemos, críticas con Sestayo, anuncian que non pasarán ao grupo mixto, e piden aos órganos galegos do partido que interveñan
A Xunta prorroga un ano a autorización ambiental de Elnosa en Pontevedra
O Concello recorrerá a decisión ante a Xunta, á que levará ante os tribunais se non anula o proceso, e acusa o Gobenro galego de levar a cabo o procedemento "pola porta de atrás" e obviando a normativa municipal.