O BNG confía no "efecto Pontón" e en que a "onda de simpatía" se traslade ás urnas
Ana Pontón apela aos indecisos no remate dunha campaña "en positivo" á que o Bloque atribúe a remontada que pode ser clave para a perda da maioría absoluta de Feijóo. A formación nacionalista agarda que o medre de "ilusión" se traduza en votos o vindeiro domingo.
Leiceaga remata confiado e cunha maratoniana xornada: "Hai unha oportunidade de verdade"
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta afronta nove actos na última xornada da campaña, na que conta co apoio de Pedro Sánchez. Volve apelar á mobilización, advirte do risco de "quedar na casa" e aventura "bos resultados" o vindeiro domingo.
O PP rexeita as propostas dos colectivos LGTBI para recoñecer a identidade de xénero
EnMarea, BNG, Cs e CxG si apoiaron o documento, mentres que o PSdeG-PSOE, malia non asinalo, afirmou compartir a maioría das propostas. A presidenta de TransForma Unión Trans denuncia ter recibido un trato "indigno" na xuntanza cos populares
O voto ás forzas extraparlamentarias disparouse ata o 7% en 2012
En total, 175 mil dos galegos e galegas que acudiron ás urnas optaron por opcións distintas a PP, PSdeG-PSOE, AGE e BNG, incluído nesta cifra os votos brancos e nulos. Acadouse un máximo só igualado polas importancia dos outros en 1981
A fin da campaña en vídeos: Épica, humor e mensaxes persoais
As forzas políticas conclúen a campaña con montaxes audiovisuais que combinan as mensaxes emotivas coas críticas aos rivais. Velaquí algunhas das máis destacadas.
Villares: "O verdadeiro programa do PP ten suplemento, o Código Penal"
O candidato de En Marea insta en Ourense a que Feijóo "pida perdón" pola súa relación con Marcial Dorado, pero tamén "por Bárcenas, por Camps, por Conde Roa ou por Baltar"
Alfonso Rueda: “A medida máis urxente é non apartarse do camiño e seguir reducindo o paro”
A SÚA QUENDA, SEÑORÍA Coñecemos o candidato número dous do PP por Pontevedra
Leiceaga pide "confianza" no PSdeG fronte á "indecencia política" das fotos de Feijóo co narco
O candidato do PSdeG, que recibiu o aval de González Laxe, propón un plan de emprego de 100 millóns "para contratar 10.000 mozos e mozas anualmente"
O festival itinerante Tosta péchase en Euskadi con ampla presenza galega
Do 22 ao 26 de setembro celebrará en Errentería a súa derradeira etapa, con concertos, mesas redondas e xuntanzas que celebrarán e reivindicarán a diversidade lingüística da Europa atlántica
Leiceaga garante o entendemento na esquerda: "Se hai maioría, haberá cambio"
O candidato socialista á Xunta reivindica a "estabilidade" do gobernos de coalición noutras autonomías ou de minoría en Lugo e volve asegurar un acordo se o PP perde a maioría absoluta. Pedro Sánchez chama a "desterrar a resignación" para botar "o delegado de Rajoy en Galicia".
Os plans de Praza: Se buscas hotel ou ideas de lecer a bo prezo, procura antes aquí
Bota a andar Os Plans de Praza, unha axencia de viaxes en liña con acordos coas maiores cadeas hoteleiras e ducias de opcións de lecer aos mellores prezos. Os seus ingresos contribúen ao sostemento económico de Praza.gal
Luís Bará: "Temos a mellor candidata e un programa serio, solvente e valente"
Coñecemos o número 1 do BNG por Pontevedra