Pontón ve en Baltar "a Rita Barberá de Feijóo"
A candidata do BNG á presidencia da Xunta acusa o líder do PPdeG de "carecer de calquera compromiso nin coa igualdade nin na loita contra a corrupción" ao non solicitarlle a dimisión ao presidente da Deputación de Ourense.
O ERE en Extel: A importancia de solicitar a atención telefónica en galego
A CIG iniciou unha campaña para que os e as usuarias galegas do 1004 de Movistar demanden ser atendidas na súa lingua, como unha forma de defender os 900 empregos que a empresa ten na Coruña e dos que a metade se poden ver afectados polo expediente de regulación.
O Curtocircuíto 2016 traerá a Compostela a Abel Ferrara e un total de 65 filmes
O evento ofrecerá obradoiros e propostas de carácter multidisciplinar, onde a música e os live cinemas acompañarán ao programa de proxeccións audiovisuais.
SOS Racismo critica a absolución dos policías acusados de apuntar cunha pistola a un inmigrante
Os feitos tiveron lugar en 2011 no Obelisco, na Coruña. A entidade critica distintos aspectos do procedemento xudicial, sobre todo a "falta de interese da Fiscalía en investigar os feitos" ou a súa negativa a que declarase o afectado ou unha testemuña presencial.
Para estudar..., Lugo!
A USC abre o mércores a matrícula con descontos do 50% no Campus lucense coas bolsas da Deputación provincial
SOS Sanidade alerta de "presións" tras denunciar a mala calidade das agullas para diabéticos
Advirte dun intento da Fiscalía e da Xunta de Galicia para retirar do caso á xuíza Ana López Suevos. A Audiencia Provincial da Coruña deberá decidir agora sobre a continuidade da maxistrada.
A cidadanía da Coruña xa pode votar as 98 propostas finalistas dos orzamentos participativos
A escolla está aberta ata o 30 de setembro. En Compostela, o proceso entra agora na fase de avaliación das ideas recibidas, que se poderán votar dentro duns días.
Feijóo reitera que "coñecía" a Marcial Dorado, pero "non a súa actividade"
O candidato do PP subliña que cando foron tomadas as fotos co narco "non tiña un cargo político", senón "un alto cargo nunha consellería". Faino nunha entrevista na que volve defender a Baltar e carga contra a fiscal do caso da Hepatite C.
Vázquez Espiérrez: "A xente debería votar por Ciudadanos porque demostramos sentido de Estado"
Coñecemos o número 1 de Ciudadanos por Ourense
Tek Fest: tecnoloxías para mellorar a vida das cidades
O evento, que se celebrará do 27 de setembro ao 1 de outubro en Pontevedra, componse de dous obradoiros profesionais, un simposio e varias performances artísticas e demostracións de novos aparellos e ferramentas.
Pontón acusa a Feijóo de "competir con Ciudadanos en aplicar a normativa máis antigalega"
A candidata á presidencia da Xunta polo BNG avoga por garantir o dereito ao ensino en galego e derrogar a "normativa antigalega do PP" nun acto sobre lingua na Coruña.
Festa, música e milleiros de persoas para reivindicar o leite galego
Máis de 8.000 persoas acoden ao primeiro Festival do Leite, impulsado pola marca Deleite, e apoian o sector en Compostela. O evente recolleu máis de 5.000 quilos de produtos para a Federación Galega de Bancos de Alimentos.