O Bloque colle impulso e aposta por un proxecto "aberto, plural e inclusivo"
Ana Pontón cre que "o nacionalismo galego deu un dos pasos adiante máis importantes da última década" e cualifica de "excepcionais" os resultados visto o contexto. O BNG aposta abrirse e sumar apoios desde a "base sólida" que lle outorga a recuperación electoral.
A participación igualou á de 2012 pero as zonas urbanas seguen a votar menos que nas xerais
Votaron o 63,75% dos e das electoras fronte ao 63,8% de hai catro anos, pero por debaixo dos datos de 2009 (64,43%)
Así sería o reparto de escanos nunhas xerais: PP 15, EnMarea 4, PSOE 4
Facendo un pouco de política ficción e trasladando os resultados desta noite a unhas hipotéticas novas eleccións estatais, os populares crecerían 3 escanos, perdendo EnMarea a súa representación por Lugo e caendo os socialistas na Coruña e Pontevedra
O PP gaña en 303 dos 313 concellos
Tan só na Capela, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Calvos de Randín, Entrimo, Parada de Sil, A Illa de Arousa, Fornelos de Montes (PSdeG-PSOE) e Vilar de Santos (En Marea) a forza máis votada foi distinta aos populares
Ao vivo: En marcha o escrutinio das eleccións galegas
EN DIRECTO Nos colexios electorais galegos xa se recontan os sufraxios do electorado. A enquisa a pé de urna augura unha nova maioría absoluta do PP.
A enquisa a pé de urna augura unha nova absoluta do PP e un empate na segunda praza
O inquérito dos medios públicos prognostica un empate técnico entre En Marea e PSdeG e sitúa o BNG en terceira posición, con 5 ou 6 escanos
A participación ás 17 horas iguala á de 2012
Sitúase no 42,50%, exactamente a mesma que hai catro anos. Na Coruña crece case un punto, mentres que cae nas outras tres provincias, sobre todo en Ourense
A participación crece de forma homoxénea en toda Galicia e achégase ao nivel de 2009
Ás 12 horas votara o 14,97% dos e das electoras, dous puntos máis que en 2012 (12,74%), pero aínda por debaixo de hai sete anos (16,1%). A mobilización medra de forma semellante tanto nas zonas urbanas coma nas rurais
A Xunta Electoral prohíbe que os interventores do PP amosen as carpetas coa imaxe de Feijoo
Dende primeira hora da mañá producíronse varias denuncias, primeiro de Democracia Ourensana e despois de EnMarea e outras formacións. Os e as representantes populares nas mesas xa foron advertidas de que non podían ter eses elementos á vista
Galicia xa vota
Os colexios electorais abriron ás 9 da mañá e pecharán ás oito da tarde. Ás 12.30 e ás 17.30 ofreceranse datos de participación. Un total de catro mil mesas electorais distribúense por toda a comunidade.
O sábado dos/as candidatos/as: Café, mercado e Camiño de Santiago
Núñez Feijoo visitou a Fernández Albor e deu un paseo pola Alameda, Leiceaga e Pontón fixeron a compra na praza de Abastos, Villares camiñou un treito da vía compostelá en Sarria e Losada almorzou no Derby.
'Feijóo, qué noche', unha forma distinta de agardar polos resultados
A Unitaria, en Compostela, acolle este domingo un cabaré cómico-electoral presentado por Carlos Meixide, que comezará ás 20 horas. A festa, independentemente do que amose o reconto dos votos, continuará a partir das 22.30 horas.