Alumnado dun instituto de Lugo leva as mulleres do rueiro da cidade ás axendas escolares
Estudantes do IES Ánxel Fole escollen a escritora e profesora Carmen Blanco como protagonista da axenda para "achegar a visión feminista que se desprende da súa vida e obra"
'Grazas, xefe!', "o filme que Dior non que quere que vexas", chega a Santiago
A proxección, en Numax, está prevista para o sábado 29 de outubro se acada un número mínimo de entradas vendidas a través de Screenly. Trala película, celebrarase un coloquio con representantes de Podemos, CC.OO. e Amarante-Setem
A Xunta accede a primar a calidade sobre o prezo na compra de agullas para doentes de diabetes
Fíxoo despois das denuncias formuladas por centos de pacientes sobre as deficiencias que presentaba o material que adquirira o SERGAS nun concurso no que pesaran máis os criterios económicos. O Goberno galego aceptou convocar un novo proceso de contratación.
O Popular oferta prexubilacións cun límite do 75% do salario e despidos con 28 días
Os sindicatos rexeitan unha proposta que para os máis novos limita o finiquito a 28 días e 15 mensualidades e para os de entre 50 e 54 de 30 días e 18 meses. Os que opten polo retiro terán que asumir o pago da Seguridade Social.
Os 21 filmes que compiten no OUFF veranse por primeira vez en España
O Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará do 28 de outubro ao 5 de novembro, contará cun total de 73 proxeccións repartidas nun total de 109 sesións.
Así facilita a reforma laboral do PP o ERE de Extel
As traballadoras de Extel levaron a cabo este martes unha nova xornada de folga, cun seguimento case total, e rodearon a Torre de Hércules, nunha acción na que volveron a participar representantes políticos do Partido Popular na cidade.
As razóns do rexeitamento ao proxecto de vertedoiro de Lousame
Entidades ecoloxistas, plataformas sociais e forzas políticas levan semanas mobilizándose contra unha instalación que contravén o obxectivo de evitar o soterramento de residuos e que xeraría grandes riscos de contaminación ás explotacións agrarias e ás fontes de auga da comarca
Mouriño lanza un ultimato ao Concello: ou lle vende Balaídos ou vende o Celta
Advirte que só a aceptación da súa proposta evitaría a venda da entidade, reprocha que ningún capital galego ou vigués fixese proposta ningunha para facerse cargo do club e carga con dureza contra a portavoz do PP da cidade.
Rails Girls Galicia: Elas tamén programan
Pontevedra acolle o venres e o sábado un obradoiro, impartido por mulleres, para aprender a manexar a linguaxe Ruby e visibilizar a presenza feminina no sector informático. Está organizado polo Google Developers Group Vigo co apoio de Google España, GitHub, Igalia e GitLab
Así se distribúen os 2 millóns de metros cadrados de solo industrial sen vender
Os parques empresariais xestionados por Xestur Galicia suman 1,9 millóns de metros cadrados de espazo dispoñible, a metade situado na provincia da Coruña. Consulta neste mapa os concellos con máis parcelas baleiras. Mapa no interior
"Imposible sen ti": Outra campaña volve pular por un derbi galego cordial
Un novo vídeo foi presentado este luns coa presenza dos técnicos e de dous xogadores de ambos equipos na semana previa ao partido do domingo en Balaídos.
"Hai que facilitar a xestión do monte, para evitar que a xente o abandone"
Hai unhas semanas botou a andar eMonte, unha plataforma de compra/venda de madeira entre propietarios e propietarias forestais e empresas. Falamos co seu responsable, Vítor Rivas