A RAG elixe a Chus Pato nova académica numeraria
O pleno da Academia optou pola escritora ourensá para ocupar a vacante do falecido Xosé Fernández Ferreiro. Clodio González será novo académico correspondente.
Cruz Gallástegui: a homenaxe ao introdutor da xenética vexetal polo Día da Ciencia en Galego
O científico e investigador vasco dirixiu a Misión Biolóxica de Galicia da que naceu o primeiro millo híbrido de Europa, plantado en Compostela. A súa figura foi lembrada nunha xornada que naceu xa hai seis anos en resposta ao veto á lingua galega do polémico decreto do plurlingüismo.
Extel executa o ERE con cen afectados menos pero 107 despidos na Coruña
A empresa de telemárketing prescindirá de más dun cento de traballadores na Coruña fronte aos 205 previstos e asegura que todas as baixas son voluntarios, o que o comité atribúe ás coaccións da compañía.
Coia xa ten curtametraxe sobre a súa loita contra o barco na rotonda
#MoitoPeixeRompeARede é o título dun pequeno documental que ve a luz este venres e que repasa a resistencia veciñal á instalación no barrio do buque de Alfageme, un símbolo de "desbaldimento de cartos públicos" en plena crise que provocou a reacción da cidadanía. Vídeo no interior.
Rajoy mantén a Sáenz de Santamaría na vicepresidencia e entrégalle Defensa a De Cospedal
O novo Goberno de España incorpora seis caras novas e non conta con cota ningunha do PP galego. Méndez de Vigo será o novo voceiro e a vicepresidenta asume a política territorial.
O TSXG dálle a razón á Xunta no seu criterio de delimitación "dinámica" dos Camiños de Santiago
A través de dúas sentenzas, o tribunal acepta o trazado aprobado polo Goberno galego para o Camiño Primitivo, que fora denunciado por sete entidades sociais por alterar a realidade histórica deste itinerario cultural, primando outros intereses.
Ultiman a homenaxe a Camilo Nogueira: "Político honesto, patrimonio do país"
Presentado o acto de recoñecemento ao economista, enxeñeiro, ensaísta e político galego que terá lugar o vindeiro 11 de novembro en Compostela e no que está confirmada a presenza de 700 persoas, entre elas os voceiros e a voceira dos catro grupos parlamentarios.
Cineuropa chega aos 30 anos con máis de douscentos filmes
O festival internacional de cinema de Santiago repasará dende o día 8 o máis destacado do panorama cinematográfico. O galego Oliver Laxe presentará o seu filme 'Mimosas' dentro da sección oficial.
Un ano despois da gran marcha contra as violencias machistas: Todo por facer
O luns 7 -doce meses despois da masiva mobilización que tivo lugar en Madrid- a Plataforma Feminista Galega convoca en Vigo unha concentración que lembrará as 77 mulleres asasinadas no último ano (50 a mans das súas parellas) a esixirá a adopción de medidas
Un 'Grial' centrado no feminismo: "É importante coñecer a nosa ascendencia"
O número 210 de Grial, protagonizado polos Feminismos preséntase este xoves na Libraría Lila de Lilith de Compostela. Falamos con Marilar Aleixandre, coordinadora dun volume no que participan Saleta de Salvador, Iolanda Martínez, Carmen Castro, Olga Castro, Encarna Otero e Mariam Mariño
O OUFFescola escolleu os seus filmes gañadores entre 120 participantes
O certame de audiovisual en galego para centros de ensino, que celebrou este ano a súa sétima edición, entregou este mércores os seus galardóns
Viriato ou Caramelo: a crise en parte dun téxtil galego que é moito máis que Inditex
Caramelo bota o peche e Viriato afronta unha importante crise mentres Inditex lidera un sector punteiro no Estado. As dificultades dalgunhas compañías nos últimos anos contrastan co pulo doutras.