O Congreso aborda a reforma da lei electoral cun só acordo: acabar co voto rogado
Os partidos só se poñen de acordo en liquidar o sistema que pactaran PP e PSOE en 2011 e que acabara co descontrol no sufraxio do CERA pero reducira a anecdótica a participación e engadira problemas aos emigrados temporais. Os populares proporán outra vez vetar as coalicións.
Un cento de colectivos da ría rexeitan as axudas de ENCE e instan os demais a non pedilas
Entidades de Pontevedra, Marín, Poio, Sanxenxo, O Morrazo e O Salnés rexeitan as achegas por valor de 3 millóns de euros e piden aos organismos públicos que "non colaboren" coa pasteira e que retiren o seu apoio aos eventos nos que a empresa colabore.
Unha ILP para garantir a igualdade do galego en todos os ámbitos
A Mesa lanza a iniciativa e recollerá miles de sinaturas para asegurar os dereitos lingüísticos nas relacións comerciais en Galicia. "Que desapareza a chantaxe que obriga deixar de falar galego para recibir servizos ou atención", di o colectivo, apoiado por persoeiros de diversos ámbitos.
Xantar un 'Caldo de Gloria' para celebrar o Día de Rosalía
Os locais de hostalería de Padrón ofrecerán o 24 de febreiro este caldo humilde cuxa elaboración relataba a escritora no seu poema 'Miña casiña, meu lar'. A Fundación Rosalía anima a "todo o país" a celebrar o 180º aniversario da escritora xantando este prato.
Compostela aproba os seus orzamentos cos únicos votos negativos do PP
O pleno de Santiago dá o visto e prace ás contas grazas ao voto a favor de Compostela Aberta e o BNG e a abstención do PSdeG. "Non pagaba a pena someter a cidade ao desgaste que supón unha cuestión de confianza", aseguran os socialistas.
A intensa suba de prezos en Galicia bate nos servizos básicos polo auxe do sector enerxético
O IPC eleva a súa taxa interanual ao 3,2% en xaneiro, o maior incremento en máis de tres anos e por riba da media estatal. O aumento cébase en produtos esenciais relacionados coa enerxía e os carburantes e volve afondar na perda de poder adquisitivo.
Os acreditados a cátedra ven insuficiente o apoio da USC "á promoción do seu profesorado"
O colectivo critica a "opacidade" do equipo reitoral ante as súas demandas e sinala que a Universidade de Santiago só oferta catro prazas de catedrático/a das 750 convocadas en todo o Estado
A selección feminina de fútbol sala tamén regresa ás pistas vinte anos despois
A 'Irmandiña' absoluta enfrontarase a Catalunya o vindeiro 7 de marzo en Compostela dentro dos actos do Concello polo Día Internacional da Muller Traballadora. "Será unha magnífica oportunidade para reivindicar a igualdade de xénero no deporte", asegura a Federación Galega de Fútbol.
Unha nova folga estudantil clama pola derrogación total da Lomce
Erguer, co apoio da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, pide a fin da lei Wert, dos recortes e do decreto universitario 3+2 noutra xornada de mobilizacións en varias vilas e cidades galegas.
Abanca gaña 334 millóns tres anos despois de mercar os restos "escarallados" das caixas
O beneficio neto supón un incremento do 1,1% con respecto ao ano anterior para a entidade que lidera Juan Carlos Escotet, que lembra a precaria situación na que recibiu o banco e que lamenta o intento de facer "populismo" cunha evolución que cre froito dunha excelente xestión.
A RAG edita un libro de apelidos para axudar na corrección de formas deturpadas
Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización, que se pode descargar de balde, ofrece información sobre os 1.500 patronímicos máis usuais, comúns ao 90% da poboación
A Xunta recomenda non plantar pataca nos concellos afectados pola couza
A orde publicada este martes por Medio Rural anticipa que o decreto do Ministerio obrigará a arrincar e destruír os cultivos nas localidades nas que o patóxeno foi detectado. O Goberno galego deixa nas mans dos concellos o control da procedencia dos tubérculos que se venden nos mercados locais.