324 investigadores galegos, afectados pola precarización de contratos decidida polo Ministerio
Hai dúas semanas o Goberno central modificou, con efecto retroactivo e sen comunicación previa, os contratos de milleiros de estudantes predoutorais, que pasaron de ser de obra e servizo a en prácticas, o que reduce os seus dereitos
A violencia machista e o empoderamento das mulleres, eixes da manifestación do 8 de marzo
A mobilización unitaria do feminismo galego celebrarase este domingo 5 de marzo en Compostela, con saída da estación de tren e remate na Praza da Quintana, onde tres mulleres que viviron loitas laborais leran un manifesto
O xuíz confirma o arquivo da causa que investiga o asasinato de Jimmy
Desestima os recursos da Fiscalía, a LFP e o outro afeccionado deportivista tirado ao río e ratifica o polémico peche do caso decretado o pasado mes de decembro, no que nega a versión policial e a dunha testemuña protexida. A morte do seareiro coruñés camiña sen remedio cara á impunidade.
A Defensora del Pueblo lembra á Garda Civil que en Galicia debe entender o galego
O informe das actuacións da defensoría estatal en 2016 inclúe a resolución da queixa dun veciño de Gondomar que non puido realizar unha xestión no posto do Instituto Armado da localidade porque ningún dos axentes entendían a lingua galega
O MGSM denuncia "graves deficiencias" na hospitalización psiquiátrica da Coruña
O Movemento Galego da Saúde Mental alerta do escaso espazo e dos insuficientes profesionais no Hospital Marítimo de Oza, onde cren que "se dana o dereito das persoas alí ingresadas a un tratamento en condicións de igualdade cos demais usuarios do Sergas"
A segunda lei do traspaso da AP-9 pon a proba a coherencia do PP galego
Os catro grupos da Cámara aprobarán por unanimidade no vindeiro pleno unha proposición de lei para a transferencia da autoestrada á que sempre se negaron os populares no Congreso e na que agora se limitan as fendas polas que o Executivo de Rajoy podería volver coar a súa negativa
Ribadeo pídelle a Xunta e Puertos que aclaren a legalidade do proxecto hoteleiro de Illa Pancha
O alcalde, Fernando Suárez, insta á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao e ao Goberno galego a que revisen as súas actuacións, despois de que un informe do Defensor del Pueblo reclamase a paralización das obras pola ausencia da necesaria avaliación medioambiental do proxecto.
A xestora do PSdeG anuncia "neutralidade" na batalla polo liderado do PSOE
Anuncia que se pon "a disposición" de todos os aspirantes á secretaría xeral en medio da división interna, tamén na formación galega
#ElasTaménXogan: Galicia e Catalunya en fútbol sala pola "visibilización do deporte feminino"
O Concello de Compostela, a Federación Galega e o Santiago Futsal presentan o partido que supón a reestrea do combinado galego absoluto e un acto máis dos que Santiago celebra co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora.
Alegacións masivas para impedir que as directrices da paisaxe permitan a liña de alta tensión nas Mariñas
A plataforma contra o proxecto de máis de 30 quilómetros entre Abegondo e A Coruña anima a alegar ao marco regulativo da Xunta por permitir o tendido eléctrico na reserva da biosfera e ir contra o convenio europeo que o impulsa. O prazo remata o vindeiro xoves 2 de marzo.
Case 200 concellos celebran o Entroido como festivo local
Un total de 168 teñen como festa o martes, noutros 9 xa non se traballa este luns, e 19 descansan o mércores de cinsa. Consúltao neste mapa interactivo
Vigo e Compostela reclamaron unha Europa aberta á acollida
As mobilizacións reclamaron a aplicación efectiva do dereitos de asilo, a suspensión do acordo con Turquía e a habilitación de vías seguras para o desprazamento de persoas