Toda a oposición de Noia pide a dimisión "inmediata" do alcalde polos seus comentarios machistas
PSdeG, Marea Cidadá e BNG únense para pedir a marcha do rexedor tras os 'chistes' no discurso polo Día da Muller Traballadora e reclaman un pleno extraordinario sobre o tema. Ana Pontón pídelle a Feijóo a destitución de Santiago Freire, como xa fixera En Marea.
Un 10 de marzo polo emprego digno e a recuperación de dereitos
CIG e CCOO realizaron as súas ofrendas florais por separado e por separado manifestaranse esta tarde, en senllas marchas convocadas baixo os lemas “2017, un ano de loita. Recuperemos os nosos dereitos” e "Emprego e salarios dignos para unha vida digna", respectivamente.
Baltasar Merino, pioneiro da botánica e da meteoroloxía, homenaxeado no Día da Ciencia
O acto oficial da Real Academia Galega de Ciencias terá lugar o 4 de outubro. Realizou o primeiro inventario exhaustivo do manto vexetal galego, cun total de 1.845 especies, moitas delas descoñecidas ata daquela. A el débenselle os primeiros traballos de climatoloxía aplicada
Milleiros na rúa contra a Lomce nunha nova xornada de folga no ensino
A comunidade educativa volve mobilizarse contra a Lei Wert e os recortes nunha convocatoria de paro secundada polas dúas grandes plataformas que, pola contra, acudiron por separado ás mobilizacións. Galería de imaxes no interior.
A folga xeral no ensino tenta impulsar a fin da LOMCE
A "derrogación" da 'lei Wert' e do modelo 3+2 na universidade encabezan as reivindicacións da folga deste 9 de marzo. Horas e lugares das manifestacións, no interior.
Feijóo rexeita o convenio coa Deputación de Lugo para financiar 250 prazas en centros de maiores
O presidente da Xunta e o da entidade provincial lucense manteñen un encontro de case tres horas "cordial" pero do que Darío Campos non sae "contento" por non ver atendidas a maioría das doce demandas que expuxo
"Igualdade de prensa": O Colexio de Xornalistas reivindica o papel das mulleres no oficio
O CPXG aproveita o Día das Mulleres para volver "apelar á responsabilidade" das direccións dos medios para un "tratamento máis axeitado das noticias sobre violencia contra a muller"
Galicia golea a Catalunya na reestrea da selección feminina
A 'Irmandiña' vence 6-2 con catro goles de Cecilia nun partido enmarcado nos actos polo Día Internacional da Muller Traballadora, que serviu para reivindicar a igualdade e ao que acudiron máis dun milleiro de afeccionados
A desigualdade de xénero no mundo laboral, en 11 datos
UGT presentou este martes na Coruña un Informe sobre a situación sociolaboral da muller en Galicia. Alerta de que se se mantén o actual ritmo, serían necesarios 70 anos para acadar a igualdade retributiva e 40 anos para conseguir unha repartición equitativa das tarefas domésticas
A Deputación de Lugo presenta un orzamento de 85 millóns e agarda unha aprobación rápida
Campos di non desbotar a aprobación das contas por unanimidade no pleno extraordinario do vindeiro día 14
ADIANTO EDITORIAL | "Os irmáns sindicalistas" de María e Coralia
ADIANTO EDITORIAL | Ofrecémosvos un capítulo do libro Las Marías de Santiago (Libros.com) de Áurea Sánchez, que xa superou o número mínimo de mecenas necesario para poñer a obra na rúa. Neste texto debúllase a actividade política da familia Fandiño Ricart e a persecución que por ese motivo sufriron
O BNG presenta a súa "asemblea de portas abertas" para "relanzar a organización"
O Bloque di "apostar por novas caras e reforzar o papel da xente moza" na súa XVI Asemblea Nacional, na que busca "ampliar o campo do nacionalimo" máis aló da militancia