Anova referenda a Antón Sánchez como portavoz nacional e chama a "fortalecer a unidade popular"
A nova permanente de Anova estrutúrase en dúas grandes áreas: Acción Política, con Iria Otero á fronte, e Coordinación, para a que foi elixido Raúl Asegurado. Sánchez subliña que na elección da coordinadora e portavocías de En Marea "a cuestió nominalista é o de menos"
O Día das Artes celebra a Maruja Mallo, a gran vangardista galega
A Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea este 1 de abril a pintora Maruja Mallo, creadora universal, transgresora e libre
'Eroski Paraíso' e 'O tolleito de Inishmaan' triunfan nos María Casares
A produción de Chévere levou catro premios, entre eles os de mellor espectáculo e mellor dirección. O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Ernesto Chao, centrou as reivindicacións da profesión na igualdade e no respecto aos convenios colectivos.
Condecoran o rei emérito polo seu "papel determinante" na "xestión" da catástrofe do Prestige
A distinción da Asociación de Voluntarios de Protección Civil ao monarca, di o Exército, debeuse ao seu "papel determinante e vital" nos "duros momentos" posteriores ao naufraxio
O SLG pide que as explotacións afectadas pola couza da pataca sexan compensadas por 'lucro cesante'
O sindicato explica que Medio Rural "impuxo as restricións en plena época de plantación, polo que agora case non hai marxe de manobra para substituír os cultivos por outros e planificar unha nova campaña"
O PSdeG pedirá a reprobación do subdelegado do Goberno en Lugo por minimizar unha agresión sexual
Os socialistas presentarán este martes unha moción no pleno da Deputación contra Ramón Carballo, despois de a pasada semana este manifestara publicamente que os "tocamentos" recibidos por unha muller nun parque lucense non podían ser considerados unha agresión.
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui denuncia a represión marroquí en O Aaiún
O xoves a policía cargou con dureza contra unha manifestación que protestaba polo desemprego xeneralizado que se sofre no territorio ocupado e a explotación dos recursos naturais. Houbo cando menos 27 persoas feridas e un número intdeterminado de detidas, decretándose o toque de queda.
O teatro galego pregunta: 'Quen hai aí?'
Este luns 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro que, coma todos os anos, acompáñase dun manifesto galego, obra da actriz e dramaturga Imma António, que será lido da gala de entrega dos Premios María Casares, este mércores na Coruña.
‘Ama-San’, da portuguesa Cláudia Varejão, gaña o Play-doc
Tui acolleu a estrea do filme en España. Conta a historia de Matsumi, Mayumi e Masumi, tres mulleres que se mergullan diariamente a pulmón en Wagu, unha pequena vila pesqueira da península xaponesa de Ise, para arrincar a orella de mar das rocas.
Pontón: “Temos as portas abertas a todas as persoas que senten Galiza”
A portavoz nacional chamou a "ampliar a base social do BNG" na apertura da Asemblea Nacional da formación, que se celebra esta fin de semana na Coruña. Francisco Jorquera foi homenaxeado
O Parlamento insta a Xunta por unanimidade a cederlle un espazo ao Ateneo de Ourense
A proposición non de lei presentada polo PSdeG-PSOE na Comisión de Educación e Cultura contou co apoio de todos os grupos e pídelle ao Goberno galego que achegue un local para a entidade antes de que remate o ano 2017
Galicia e Cabo Verde, un pouco máis cerca
O presidente caboverdiano, Jorge Carlos de Almeida Fonseca, continúa coa súa visita oficial, este sábado na Coruña despois de pasar por Compostela e antes de desprazarse a Burela.