O persoal da Biblioteca Ánxel Casal amosa o seu apoio á directora cesada
Unha vintena de traballadores e traballadoras do centro compostelán cualifican a decisión da Xunta de "golpe inexplicable e inxustificable", salientan o seu "bo facer" e destacan que a directora "defendía sen fisuras a biblioteca pública e a profesionalidade do servizo bibliotecario".
Nove mil alumnos e alumnas de Lugo afondarán na figura de Maruja Mallo
A vindeira semana 44 centros de Educación Secundaria de toda a provincia realizarán diferentes actividades sobre a artista de Viveiro, á que se lle dedica este ano o Día das Artes Galegas.
A coordinadora de En Marea reivindica a súa "lexitimidade": "Representamos á totalidade"
Villares mantén que a coordinadora vai desenvolver "un proxecto compartido" que tamén inclúe "ás persoas que discrepan". Nos últimos días dirixentes como Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e formacións como Anova manifestaron o seu desacordo co novo órgano de dirección
Así vén a nova Declaración da Renda: Novidades e datas importantes
Ata o 30 de xuño poderá presentarse a declaración do IRPF, por primeira vez a través do sistema Renta Web, que substitúe ao Programa Padre. Non hai grandes cambios nos treitos e deducións con respecto ao ano anterior. Increméntanse as vantaxes por achegas a ONGs e fundacións.
A Gala do Libro Galego xa ten finalistas
As obras e autores gañadores e gañadoras daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio nun evento que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela
Ferroatlántica pacta a venda das centrais cos sindicatos estatais e presiona a Xunta
O grupo de Villar Mir anuncia que pedirá permiso "de inmediato" ao Goberno galego para vender as instalacións da Costa da Morte logo de pactar un plan de investimentos cos sindicatos nunha negociación na que non están nin a CIG nin o comité de Cee-Dumbría
Cargos do PSOE en Lugo asinan un manifesto polo AVE tras certificar Fomento o seu abandono
Medio cento de representantes socialistas asinaron este sábado o manifesto 'AVE a Galicia 2019, AVE a Lugo 2019' nun acto no que reivindican a alta velocidade para a provincia logo de que nos Orzamentos do Estado "desaparecese a conexión do mapa a nivel estatal"
A familia de Couso reclama xustiza e denuncia o "desprezo e traizón" das institucións
Pide ao Congreso derrogar a reforma que obrigou ao arquivo do caso, esixen a "investigación" do seu asasinato e critican a Aznar nos actos de Madrid e Ferrol polas súas últimas declaracións, nas que se gabou da "foto dos Azores" e dunha "invasión ilegal baseada en mentiras"
Rey contra Rei: as dificultades para galeguizar os apelidos
A negativa do Rexistro Civil de Corcubión a restitiuír a forma orixinal do apelido dun estudante pon sobre a mesa as dificultades que nalgunhas ocasións se dan para modificar a onomástica malia as garantías legais e os ditames achegados pola Real Academia.
Outro incremento no recibo da luz... só para os fogares galegos?
O PSdeG advirte das consecuencias da sentenza do Supremo que obriga a repercutir nas facturas os sobrecustos para as eléctricas polo canon eólico. Leiceaga pregúntalle á Xunta se vai “permitir un tratamento discriminatorio aos cidadáns de Galicia".
Nace en Vigo 35.ESAV, escola-cooperativa de artes visuais
O novo centro, que contará cun local e unha galería de arte no centro da cidade, ofrecerá catro mestrados e un ciclo superior, centrados sobre todo na fotografía e no cinema
57 finalistas para o Premios Martín Códax da Música
A cuarta edición do certame entregará os galardóns o vindeiro 3 de maio en Pontevedra. Tralas votacións populares, agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, quen escollerá os gañadores e gañadoras