A batalla das primarias socialistas chega a Galicia
Pedro Sánchez e Susana Díaz desembarcan no país esta semana. O ex-candidato á presidencia do Goberno ten actos en Compostela, Pontevedra, Monforte ou Viveiro mentres a presidenta andaluza reunirase coa militancia na Coruña, Vigo, Ourense e Lugo tras a visita de Patxi López hai quince días
Francia dedicirá entre Macron e Le Pen tras o devalo das forzas tradicionais do país
O candidato de En Marche! perfílase como futuro presidente francés tras captar o voto de quen viu no seu perfil de mozo tecnócrata un mal menor. Os candidatos conservador e socialista piden apoialo para frear a aspirante ultradereitista, Mélenchon opta por non decantarse e anuncia unha consulta entre as súas bases
Álbum na honra dun “republicano por vocación, por estirpe e por ralea”
GALERÍA DE IMAXES | Francisco Pillado é homenaxeado como Republicano de Honra 2017
Unha (posible) axenda para o Día do Libro
Ducias de actividades por toda Galicia celebran este domingo a lectura
A confección, o AVE, a minaría ou o rural, a análise nunhas xornadas na USC
Ademais de conferencias e proxeccións, a Asemblea Nacional das Estudantes Galegas organiza un debate sobre o sector público en Galicia con Maite Cancelo, Xaime Barreiro, Xosé Manuel Beiras e Xavier Vence moderado por Praza.gal
Os eucaliptos chegan ata o Obradoiro
Máis de 60 colectivos integrados na rede Cousa de Raíces realizan en Santiago unha protesta simbólica contra a “eucaliptización” de Galicia
Volumes de ilustres viaxes por Galicia para celebrar o Día do Libro
A Real Academia Galega presenta ata o 28 de abril unha mostra de libros históricos sobre viaxes por Galicia dende o século XVI ata o XX
A CIG denuncia a Méndez e a cúpula de Caixa Galicia ante a Audiencia Nacional
Pide que se investigue os directivos da entidade por presuntas irregularidades, estafa, administración desleal ou falsidade documental logo de que a sentenza das indemnizacións das antigas caixas revelase a "manipulación contable" nas contas da entidade.
O incendio en Ferrolterra queimou unhas 450 hectáreas en pouco máis dun día
Case 600 hectáreas arderon en seis grandes focos na provincia da Coruña. O lume que comezou na parroquia naronesa do Val foi controlado no serán deste venres tras provocar o desaloxo de veciñanza da zona e alcanzar o municipio de Ferrol
Unha ILP defenderá a presenza da Filosofía no sistema educativo galego
A Iniciativa Lexislativa Popular foi entregada no rexisto do Parlamento por Jorge Álvarez, Carme Adán e outros e outras oito docentes. Insta a Consellaría de Educación a incorporar a materia de Historia da Filosofía como materia troncal e obrigatoria do Bacharelato.
Leite Noso salta ao mercado español garantindo "prezos xustos" para as granxas
A sociedade de gandeiros propietaria de 'Deleite' relanza a marca 'Muuu' e asegura que manterá a política empresarial de "contratos anuais, prezo fixo e garantía de recollida" ás granxas provedoras, cuxo número ampliará
O xulgado ve "ilegais" os servizos mínimos do 100% no 112 pero a Xunta mantén o seu traslado
Acepta os do 60% solicitados polo comité de folga, que pediu á Administración que aprazase o polémico traslado do persoal ao novo Centro Integral de Atención ás Emerxencias. O Goberno insiste en manter a mudanza "como estaba prevista" ao estar "garantida a seguridade".