A RAG advirte a Xunta da escaseza de fondos: medio millón menos que hai cinco anos
Freixanes mantén o seu primeiro encontro con Núñez Feijóo e trasládalle a necesidade de "reforzar" a institucións "con axudas públicas e con apoios da sociedade civil". A Academia vasca ten máis de 2 millóns máis de orzamento que a galega e a catalá multiplícao por máis de nove.
Galicia ten o Internet máis lento de todo o Estado
Os datos do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital indican que o 30% dos fogares galegos non chega a unha velocidade de conexión de 10 Mbps, fronte á media do 10% no conxunto de España. A UE fixa como obxectivo que no ano 2020 todas as vivendas acaden os 30 Mbps, algo que semella moi lonxe.
Xosé Hermida reivindica en Ferrol o xornalismo de proximidade
O xornalista, que recolle este xoves o XIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa, foi recibido pola mañá no Concello, onde se sumou á reclamación de respostas aos interrogantes que aínda presenta o asasinato en Irak do cámara galego.
Os Premios Martín Códax: un festín con todos os sabores da música galega
Pontevedra acolleu unha nova edición dos galardóns, que destacaron o papel das mulleres e recoñeceron 19 grupos, artistas e iniciativas. A gala, marcada pola gastronomía, pechouse coa entrega do Premio Honorífico á musicóloga suiza Dorothé Schubarth.
O CSIF denuncia que a Xunta pide datos sanitarios protexidos aos seus traballadores de baixa
Un informe emitido pola Axencia de Protección de Datos a requirimento do sindicato lembra que só pode coñecer “a mera existencia da situación de enfermidade” e “non está autorizada a valorar a gravidade”
O BNG reclama a Feijóo que sexa "claro" e garanta que non permitirá a venda das centrais do Xallas
Ana Pontón reúnese cos alcaldes nacionalistas da comarca e demanda ao presidente da Xunha nova reunión cos axentes sociais porque desde a última "pasaron moitas cousas como a imputación de Villar Mir na operación Lezo e o ultimato de Ferroatlántica”
A 'Aula Nacho Mirás', un espazo no que se formarán xornalistas
Coincidindo co Día internacional da Liberdade de Prensa, unha das salas da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC recibiu o nome do redactor, finado hai ano e medio.
A verbena das irmandiñas: Elas tamén tocan
Habelas Hainas, Sacha na Horta, Oîma e TheTetas Van actuarán este sábado en Compostela, de 12 do mediodía ás 12 da noite, para presentar esta iniciativa, que busca levar a música feita por mulleres ás verbenas e festas de toda Galicia
Colexio de Xornalistas: "Fallouse na misión de control ao poder e na de darlle voz aos que non a teñen"
O manifesto que todos os anos lanza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia polo 3 de maio (Día Mundial da Liberdade de Prensa) chama nesta ocasión a "militar no xornalismo" buscando "mellorar a sociedade denunciando o que está mal" e realiza unha fonda autocrítica.
Emprego, pensións e a denuncia da precariedade centran as manifestacións do Primeiro de Maio
Varios milleiros de persoas participaron na vintena de manifestacións que este Día da Clase Traballadora percorreron as rúas de Galicia, convocadas por CIG, CCOO e UGT, entre outros sindicatos. Galería de fotos no interior
Alertan do dano medioambiental do tendido de torres de alta tensión entre Abegondo e A Coruña
A plataforma Non Liña de Alta Tensión nas Mariñas celebrou este sábado a súa primeira comparecencia pública para esixirlle á Xunta “que utilice os mecanismos ao seu alcance" para frear "a agresión que supón o plan de Red Eléctrica Española"
O millón de empregos, aínda moi lonxe
En 2007 traballaban en Galicia 1.061.746 persoas, unha cifra que chegou a reducirse ata as 890.813 de 2014. A leve recuperación experimentada nos últimos tres anos só permitiu salvar 50 mil dos 170 mil empregos perdidos durante a crise. Consulta os datos do teu concello