A Xunta recúa e non cortará as 54 árbores centenarias en Xinzo
A Consellería de Infraestruturas comunica que reformulará o proxecto de reforma da Avenida de Celanova, despois de que o Concello lle trasladase o desexo de manter as árbores ameazadas. Nas últimas semanas a vila viviu unha crecente mobilización social, que finalmente conseguiu evitar a tala.
Os acreditados a Cátedra da USC critican os criterios propostos pola universidade
Este grupo de profesores e profesoras afirma que a propota contén "criterios anti-académicos" e pide que se aplique outro tipo de baremos "obxectivos que non reforcen prácticas clientelares, nin vaian en contra dos usos académicos".
Dous alumnos do campus de Ferrol, premiados nun certame estatal de robótica
Pablo López e Antonio Regueira, estudantes do terceiro curso do Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática na Escola Universitaria Politécnica de Ferrol obtiveron hai uns días dous premios no I Desafío ASTI Robotics, un certame que tivo lugar en Burgos.
A delegación parlamentaria denuncia a "omisión" da figura de Franco nas visitas a Meirás
Concepción Burgo (PSdeG-PSOE) critica que a familia do ditador obvia a “historia do corrupto réxime franquista” e que limita o percorrido permitido, reducido ao xardíns e tres instancias do Pazo
StarGal, demostrando que "as TIC e o galego poden e deben ir da man"
O IESP A Cachada (Boiro) lanza por segundo ano consecutivo un certame de creación videoxogos aberto ao alumnado dos centros de ensino de toda Galicia. Ademais, haberá unha mostra de produtos audiovisuais e robóticos ao redor da figura de Carlos Casares.
"A era dixital vai supoñer un plus para o galego"
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolleu o "Día das Redes Galegas", unha xornada de debate sobre a situación do galego nas redes sociais. Falamos con María Pérez Justo, client account manager en Twitter España
Anticorrupción denuncia a Iberdrola por inchar o prezo da luz cos seus encoros, entre eles os galegos
A Audiencia Nacional tramita xa a demanda da Fiscalía contra a eléctrica por presuntos delitos "contra o mercado e os consumidores" por "lucrarse ilicitamente", acusa. Competencia sanciounouna con 25 millóns en 2015 por esta suposta manipulación.
A ONU xa esixiu a España máis protección para os menores como o neno asasinado en Oza-Cesuras
Fontes da investigación confirman que o presunto asasino foi condenado por coaccións en 2008. O Ministerio de Xustiza confirmou a súa negativa a atender as advertencias xustificándose en que o ditame "non vincula ao Estado español".
Bebendo auga con sal por Palestina ante o Parlamento
Unha concentración ante o Parlamento galego amosou a súa solidariedade coa folga de fame que dende hai tres semanas manteñen milleiros de presos e presas palestinas recluídas nos cárceres israelís.
Persoal de emerxencias apoia o 112 na denuncia de graves atrasos na atención
Traballadores de ambulancias, bombeiros e 061 esixen á Xunta "diálogo" cos operarios que manteñen a súa folga e ratifican a demora á hora de atender urxencias, como a de "dez minutos" no naufraxio do 'Nuevo Marcos', algo que nega o Executivo, que reduce todo a "un conflito laboral"
Un neno de 11 anos, asasinado polo seu pai noutro caso de violencia machista
O cadáver do rapaz, veciño da Coruña, apareceu nunha casa abandonada en Oza-Cesuras. A nai denunciou o domingo pola noite que o proxenitor non lle entregara o menor, incumprindo o réxime de visitas. O home xa foi detido.
O 15 aniversario do Prestige, protagonista do Festival de Cans
A 14ª edición do evento celebrarase do 24 ao 27 de maio. Na competición oficial de curtametraxes, haberá paridade total entre pezas realizadas por mulleres e homes, un vello obxectivo do certame.