Movendo os marcos: á procura de "máis galego na economía e na empresa"
"O uso do galego favorece os resultados e obxectivos empresariais" e "pode xerar un efecto multiplicador no resto da sociedade", di o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico, no que Política Lingüística se xuntou con diferentes entidades sociais e económicas
O Colexio de Xornalistas ve "inadmisible" que a empresa dos bombeiros privados "limite" a información á prensa
O establecemento dunha "listaxe" de medios aos que se pode informar das emerxencias supón para o CPXG "unha limitación á comunicación" que "prexudica o dereito fundamental á liberdade de información"
Galicia xa ten a súa primeira cervexa de grelos
A empresa chairega Champivil-Castelo saca ao mercado esta bebida, ademais doutra de cogomelos, en colaboración co artesán cervexeiro Pablo Casanova
Villar Mir, imputado no caso Lezo mentres tenta vender as centrais galegas
OHL está acusada de pagar 1,4 millóns á contorna de Ignacio González para amañar unha adxudicación. A Xunta di que a "situación persoal" do empresario "non afecta en ningún caso" á tramitación do expediente que decidirá se lle permite segregar as súas actividades na Costa da Morte
A historia do 'arquitecto rebelde' Ferro Caaveiro, en banda deseñada
O cómic, con debuxos de Carlos Sardiña e textos de Henrique Sanfiz, busca financiamento en Verkami. Na historia xunta con Breaking Bad a vida do autor da fachada da catedral de Santiago ou da Casa do Concello de Lugo.
I+T+G: Innovación e talento en galego para todo o ano
DÍA DAS LETRAS GALEGAS Os actos do 17 de maio volven estar marcados pola reivindicación dun uso normal na vida cotiá da lingua galega, que tamén é ferramenta básica para o traballo innnovador de múltiplas empresas e entidades do país. Conversamos con persoas impulsoras de Leite Noso, Dinahosting e Milhulloa sobre os seus proxectos e a súa aposta polo idioma
- "É máis probable que os meus fillos sigan falando galego que vivindo do leite"
- "O uso do galego dános proximidade e permítenos diferenciarnos"
- Facendo país en rede desde Palas de Rei
Xunta e PP quedan sós na ambigüidade sobre a venda das centrais de Ferroatlántica
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, reunirase este martes cos traballadores logo de meses solicitando unha xuntanza. O BNG propón que poidan expoñer tamén no Parlamento a súa posición contra a venda das centrais e os populares rexeitan que compareza Feijóo
A Xunta asume a presidencia da Comunidade Galicia-Norte de Portugal ás portas da cimeira ibérica
Feijóo defende que Galicia "ten que estar" no corredor atlántico da Rede Transeuropea de Transportes, cuxo trazado actual non pasa por territorio galego
Un vertedoiro recuperado para a bioversidade e a gandaría na Limia
O SGHN levou a cabo nos últimos anos un proxecto de recuperación e limpeza da Veiga de Gomareite (Vilar de Barrio), que chegou a ser utilizada como entulleira e vertedoiro de lixo e que agora inicia unha nova vida como espazo de gran valor natural.
Centos de persoas reclamaron a rexeneración da Ría do Burgo
Os Orzamentos Xerais do Estado só reservan un millón de euros para a recuperación do espazo, que en anos anteriores nin sequera se executou. A actividade marisqueira da ría chegou a dar traballo a dúas mil persoas, pero hoxe apenas hai un cento de mariscadoras.
‘O Ximnasio dos verbos’, unha app para fortalecer o galego
A iniciativa, desenvolvida por Gabriel Pérez Durán e Óscar Rivas González, profesores da Universidade de Heildelberg (Alemaña), busca axudar ao dominio dos verbos irregulares.
Unha manifestación demandará a recuperación da Ría do Burgo
A marcha, convocada pola Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, partirá ás 12 horas deste domingo da Casa do Mar da Coruña. A entidade pide a aprobación do dragado da ría e a posta en marcha do plan de limpeza integral