A médica Iria Veiga gaña o Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo
O xurado recoñece "a sinxeleza, concisión e capacidade de incidencia no público" do texto da tamén colaboradora de Praza Pública, que no seu texto "pon de relevo a relación entre lingua e poder social a través dunha experiencia concreta dunha doutora".
Un estudo europeo reclama máis recursos tecnolóxicos para o galego
200 expertos e expertas da Alianza Tecnolóxica Multilingüe de Europa analizan as aplicacións e ferramentas dispoñibles para 31 linguas do continente. O galego sitúase nunha posición intermedia, aínda que lonxe das posibilidades de tradución automática, análise textual ou procesamento da fala coas que contan os idiomas maioritarios.
VÍDEO | Un 'Black Mirror' á galega para denunciar a problemática do uso do galego
A Mesa pola Normalización lanza unha curtametraxe inspirada nun capítulo da serie e pon en evidencia os atrancos e problemas que sofre unha persoa galegofalante no seu día a día. Inclúese na campaña para impulsar a ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socieconómico
Traballos forestais provocan unha nova desfeita nun castro en Barreiros ante a "inacción" da Xunta
ADEGA e Mariña Patrimonio instan a Dirección Xeral de Patrimonio a "actuar contra dunha industria irresponsable que, por uns centos de eucaliptos, é capaz de destruír un importante ben cultural"
Francia fai presidente o liberal Macron e frea a ultradereitista Le Pen
O candidato de En Marche impúxose cun 66% dos votos fronte a case un 34%. Chega ao máis alto posto en Francia tras unha curtísima carreira política e outra máis prolongada no mundo das finanzas como executivo bancario
As comedias conquistan o palmarés do Carballo Interplay
O festival pon fin á súa cuarta edición. 'A todo riesgo' e 'Pésame Street' gañan cadanseus dous premios e 'Teño unha horta en San Sadurniño', 'You're the next', 'El Partido 2', 'Caniville' e 'El show de Teresa Cuesta', o resto. 'Hai vida en Bran? acada o galardón ao mellor proxecto de webserie en galego
Francia decide se dá a presidencia a Macron, un político sen partido
As enquisas prevén unha clara vitoria do candidato liberal sobre a ultradereitista Marine Le Pen. A vitoria nas presidenciais pode non servirlle de moito de non lograr gañar tamén as eleccións lexislativas de xuño. A comisión electoral prohibe a publicación de mails filtrados da súa campaña
O Tramabús de Podemos denuncia as "ramificacións" en Galicia das "tramas corruptas" do PP
Carmen Santos, secretaria xeral da formación morada, destaca a "fantástica" acollida no país dun bus que percorreu este sábado Lugo, Guitiriz, A Coruña, Mugardos, Cee e Compostela, logo de visitar o venres Vigo e Ourense.
A Coruña sae á rúa este domingo contra a privatización da súa fachada marítima
A Comisión Aberta en Defensa do Común convoca a cidadanía a manifestarse para demandar que todos os terreos que a Autoridade Portuaria quere privatizar sexan cedidos gratuitamente ao Concello. Toda a oposición e o goberno local impulsan unha marcha apoiada por 70 entidades.
Carballo Interplay pecha unha nova edición debatendo sobre a profesionalización de Internet
O festival de contidos dixitais afronta o último día tratando tamén a influencia de Twitter sobre a televisión convencional
Sánchez supera en Galicia nun milleiro de avais a Díaz, a quen dobra na Coruña e Lugo
A verificación dos apoios mantén a curta distancia entre os dous principais aspirantes a liderar o PSOE. A dirixente andaluza supera o ex-secretario xeral por pouco máis de 6.000 sinaturas en todo o Estado, pero apaña menos sinaturas en numerosas autonomías e en todas as provincias galegas.
EnMarea, PSdeG, BNG pídenlle ao PP que "baixe do autobús de HazteOír"
Os tres grupos da oposición e colectivos sociais presentaron no Parlamento o proxecto de Lei galega de Identidade de Xénero, sinalando que “só caben dous posicionamentos: ou a favor de ampliar os dereitos das persoas ou en contra”