Máis de 500 produtores agrarios reclaman axudas directas polas xeadas
A Xunta anuncia subvencións por 1,4 millóns que son as axudas de reconversión e reestruturación do viñedo de cada ano pero con prioridade para as zonas afectadas. As organizacións agrarias consideran "insuficientes" os anuncios da Administración.
Paco Souto e Pedro Craveiro, gañadores do certame aRi[t]mar Galiza e Portugal
Máis de dous mil votos emitidos a través da rede decidiron as obras gañadoras deste proxecto didáctico e cultural que busca divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países
O 65% dos satélites do Estado serán galegos en 2020
O pasado venres presentouse a Unidade Mixta de Investigación, formada polo Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia da Universidade de Vigo e a empresa Aistech Space S.L., que levará a cabo o deseño, fabricación, lanzamento e operación dunha rede de 25 nanosatélites
Montse Dopico e María Obelleiro recollen o Premio Johán Carballeira de xornalismo
O acto de entrega tivo lugar este domingo no Concello de Bueu, organizador do certame. María Reimóndez obtivo o galardón na categoría de poesía
Mercedes Queixas, Ledicia Costas, Antía Otero ou Xosé Monteagudo, recoñecidos na II Gala do Libro Galego
Editoras, librarías e autores premian “a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial” o pasado ano en Galicia
Os Premios da Crítica cumpren 40 anos
Vigo, onde sempre se entregaron, acolleu este sábado o acto de aniversario
Fin de semana intensa no XVIII Festival Internacional de Títeres de Redondela
Compañías de Brasil, Arxentina, Italia, Dinamarca, Reino Unido ou Estados Unidos amosan estes días os seus espectáculos nas rúas da vila
Da subversión do tabú ao orgullo: a representación da menstruación nas artes contemporáneas
O grupo Gaelt, da Universidade de Vigo, analiza nun libro a evolución do tratamento da regra nas artes, e en especial na literatura
A homenaxe a Casares en Xinzo reivindica o seu "compromiso co país, a lingua e a cultura"
A Academia destaca a "figura poliédrica" que supuxo o autor ourensán e o seu intento continuo por "construír o seu país". Feijóo destaca que quixo "erguer unha nova Galicia, non sobre dogmas, senón sobre palabras, afectos e acordos"
A escrita de Carlos Casares centra os actos do Día das Letras
Xinzo de Limia acolle ás 11.30 da mañá o acto institucional da RAG, pero no resto de Galicia celébranse esta semana actividades ao redor do autor homenaxeado, con protagonismo para a literatura, pero tamén para a música.
VÍDEOS | O galego, unha lingua para as cousas novas
Youtubers, elaboración de videoxogos, videocreacións, empresas TIC, desenvolvemento de software libre, apps, cultura maker... O galego afianzouse nos últimos anos no mundo dixital, demostrando ser unha ferramenta idónea para moverse nas redes e no sector das novas tecnoloxías.
Milhulloa: facendo país en rede desde Palas de Rei
A cooperativa de cultivo ecolóxico de Palas de Rei vén de unirse á Granxa Maruxa para sacar unha liña de cosméticos con herbas aromáticas, leite de Monterroso e auga do Carballiño e busca colaboración con outras empresas innovadoras galegas para lanzar novos produtos.