Couza da pataca: pódese dar por controlada unha praga así?
A Xunta deuna por "controlada" na provincia da Coruña malia a virulencia do seu impacto e en base á redución dos insectos capturados nas trampas, que só atrapan exemplares adultos machos e non larvas. Falamos con Óscar Antón Pérez, enxeñeiro técnico agrícola, e con Medio Rural
Concentración en Compostela polo mozo deportado Danny Vera: "Son as nosas veciñas e veciños"
O Foro Galego de Inmigración convoca un recital poético-musical este xoves para esixirlle ao Goberno central que permita o regreso do mozo, de 19 anos, que residiu en Galicia a maior parte da súa vida e que aínda ten na cidade a súa familia máis próxima
Xeopesca lanza un concurso de fotografía mariñeira (e libre)
O gañador ou gañadora do premio será recompensado/a con 200€ e o xurado podrá adxudicar un premio accesit de 100€. As imaxes poderán enviarse ata o 1 de setembro.
Os sindicatos anuncian unha folga indefinida polo novo plan de transporte no rural
CIG, UGT e CCOO convocan folga indefinida todos os martes e mércores a partir do 20 de xuño en resposta ao novo sistema, no que ven “unha grande operación de márketing" que pretende "un ERE encuberto e un recorte no transporte escolar”
16 filmes compiten polos premios da Mostra Internacional de Cine Etnográfico
En Compostela celébrase esta semana a 12ª edición da MICE, impulsada polo Museo do Pobo Galego. O propio museo, o Salón Teatro e o Teatro Principal acollen ata este sábado as proxeccións e debates
A sonda construída polo alumnado de tres institutos chegou aos 33.000 metros
O Marumasat II foi lanzado este martes dende Ordes, caendo tres horas e media despois preto de Lalín. No seu interior levaba unha miñoca, mostras de saliva ou sementes de faba, cos que agora os alumnos e alumnas dos centros de ensino participantes realizarán experimentos
Abanca, obrigada a devolver dúas cláusulas solo tras recorrer tres veces por 7.000 euros
O Supremo ordena á entidade financeira a devolver o importe íntegro cobrado de maís e os intereses desde a data de cada cobro tras desestimar os recursos presentados contra unha sentenza da Audiencia Provincial de Ourense que xa daba a razón aos dous demandantes
O boicot ás reválidas volve triunfar en Galicia e a Xunta reduce o absentismo ao 40%
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Pública e Anpas Galegas cifran nun 80% a porcentaxe de alumnos que non acudiron ás probas de 3º de Primaria que comezaron este martes
Nove entidades de defensa do patrimonio afianzan a súa coordinación
Mariña Patrimonio, Apatrigal, Cultura do País, Gentalha do Pichel, ADEGA, Sociedade Antropolóxica Galega, Colectivo A Rula, Patrimonio Galego ou Historia de Galicia traballarán conxuntamente. Sinalan as eivas provocadas polos "escasos orzamentos destinados polas adminstracións" á defensa dos bens culturais
A policía desaloxa o centro social Escarnio e Maldizer, en Compostela
A acción, motivada por unha orde xudicial, acabou co tapiado do inmoble. O espazo mantiña unha programación cultural, formativa e de lecer estable.
O 80% da delegación galega no congreso do PSOE será afín a Pedro Sánchez
Das 56 persoas que representarán o PSdeG no conclave de xuño, 46 apoiarán o secretario xeral. Só na Coruña foi votada unha lista de integración; en Ourense concorreron unha candidatura 'sanchista' e outra 'susanista' e en Lugo e Pontevedra finalmente só se votaron listas ligadas a Sánchez
Paulo Carril colle o temón da CIG instando á "contestación social permanente"
A central nacionalista pecha o seu VII congreso coa elección co 96% do apoio do seu novo secretario xeral, que apela a "unha Galiza ceibe e sen explotación" e avoga por chegar á convocatoria dunha folga xeral que "obrigue o PP a retroceder nas súas posicións antiobreiras e antisociais"