Outra marcha contra o desaloxo dun centro social remata con cargas policiais en Compostela
Dous detidos e máis dun cento de identificados tras unha marcha na que parte dos manifestantes foron desaloxados con contundencia do antigo colexio Peleteiro, que ocuparan durante a protesta contra o peche do Escárnio e Maldizer do pasado 30 de maio. Vídeo no interior.
Poesía visual nun mural do Porriño
O poeta vigués David Fernández inaugura na fachada da piscina municipal unha obra visual, logo dun obradoiro levado a cabo cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria de todos os centros educativos do municipio
En Marea e BNG escenifican o seu apoio ao referendo catalán
As dúas formacións, xunto a outros partidos, sindicatos e colectivos, apoian a consulta do vindeiro 1 de outubro e participan na concentración da ANC celebrada en Compostela. Vídeo no interior.
As vinte almas de Maruja Mallo regresan ao museo de Lugo
Lugo "salda a súa débeda" coa pintora de Viveiro nunha mostra na que 25 das súas pinturas están acompañadas por obras de artistas que marcaron a súa traxectoria artística e vital como Picasso, Granell, Miró ou Seoane
A aposta de May para arrasar no Reino Unido déixaa sen absoluta e dá un gran ascenso a Corbyn
O reto da líder conservadora para pilotar un Brexit duro remata nunha agre vitoria que cuestiona o seu futuro político e a deixa nas mans do unionismo irlandés. O candidato laborista consolídase tras gañar unha trintena de escanos. O SNP gaña en Escocia, pero perde unha vintena de asentos.
A primeira matrícula no campus de Lugo terá desconto do 50% por cuarto ano en dez titulacións
USC e Deputación lucense lanzan unha nova edición de 'Para estudar, Lugo', o programa de bolsas para atraer estudantado ao Campus Terra, que dende o inicio das axudas incrementou a ocupación en case 10 puntos
Todas as Compostelas da literatura, sobre un mapa
Un grupo de investigadores/as das universidades de Santiago, Cáceres e Huelva lanza o proxecto Compostela Xeoliteraria, unha web que amosa con ferramentas cartográficas os espazos que protagonizan un grupo de novelas que teñen a capital de Galicia como centro
Unha videodenuncia da marxinación do galego no cine, premio da Academia do Audiovisual
Os galardóns María Luz Morales recoñeceron catro traballos (dous en vídeo e dous escritos) realizados por novísimos investigadore e investigadoras, nunha iniciativa pioneira apoiada polas catro deputacións provinciais.
O Bierzo celebra o bicentenario do nacemento de Antonio Fernández Morales
O 17 de xuño Cacabelos acollerá unha homenaxe organizada polo Grupo As Médulas coa colaboración da Xunta de Galicia, o Consello Comarcal do Bierzo ou o Instituto de Estudios Bercianos
A Rotonda, nova TV en internet sobre Vigo e a súa área, estréase este mércores cun debate sobre o AVE
Os promotores do proxecto, en cuxo primeiro programa colabora Praza Pública, pretenden analizar diversas cuestións de actualidade “dende unha óptica plural, e polo tanto discordante coa oficialidade imperante”
A Xunta defende unha Lei de Benestar Animal con luces e sombras e que esquece as touradas
O PSdeG-PSOE presentou unha emenda á totalidade a un proxecto de lei que, malia conter algúns avances con respecto á normativa de 1993 modificada en 2014, deixa fóra “os animais empregados en calquera espectáculo taurino, incluídos os encerros”. 12 protectoras tamén a rexeitan.
As contas de Caixa Rural Galega certifican a súa boa saúde "nun contexto complexo"
A entidade pechou o ano pasado con 3 millóns de euros de beneficio neto, algo superior ao de 2015, aumentou os seus depósitos nun 10,8% e o seu investimento crediticio nun 2%, con cifras semellantes ás de antes da crise