A folga xeral no ensino tenta impulsar a fin da LOMCE
A "derrogación" da 'lei Wert' e do modelo 3+2 na universidade encabezan as reivindicacións da folga deste 9 de marzo. Horas e lugares das manifestacións, no interior.
Feijóo rexeita o convenio coa Deputación de Lugo para financiar 250 prazas en centros de maiores
O presidente da Xunta e o da entidade provincial lucense manteñen un encontro de case tres horas "cordial" pero do que Darío Campos non sae "contento" por non ver atendidas a maioría das doce demandas que expuxo
"Igualdade de prensa": O Colexio de Xornalistas reivindica o papel das mulleres no oficio
O CPXG aproveita o Día das Mulleres para volver "apelar á responsabilidade" das direccións dos medios para un "tratamento máis axeitado das noticias sobre violencia contra a muller"
Galicia golea a Catalunya na reestrea da selección feminina
A 'Irmandiña' vence 6-2 con catro goles de Cecilia nun partido enmarcado nos actos polo Día Internacional da Muller Traballadora, que serviu para reivindicar a igualdade e ao que acudiron máis dun milleiro de afeccionados
A desigualdade de xénero no mundo laboral, en 11 datos
UGT presentou este martes na Coruña un Informe sobre a situación sociolaboral da muller en Galicia. Alerta de que se se mantén o actual ritmo, serían necesarios 70 anos para acadar a igualdade retributiva e 40 anos para conseguir unha repartición equitativa das tarefas domésticas
A Deputación de Lugo presenta un orzamento de 85 millóns e agarda unha aprobación rápida
Campos di non desbotar a aprobación das contas por unanimidade no pleno extraordinario do vindeiro día 14
ADIANTO EDITORIAL | "Os irmáns sindicalistas" de María e Coralia
ADIANTO EDITORIAL | Ofrecémosvos un capítulo do libro Las Marías de Santiago (Libros.com) de Áurea Sánchez, que xa superou o número mínimo de mecenas necesario para poñer a obra na rúa. Neste texto debúllase a actividade política da familia Fandiño Ricart e a persecución que por ese motivo sufriron
O BNG presenta a súa "asemblea de portas abertas" para "relanzar a organización"
O Bloque di "apostar por novas caras e reforzar o papel da xente moza" na súa XVI Asemblea Nacional, na que busca "ampliar o campo do nacionalimo" máis aló da militancia
A Xunta culmina a renuncia a pechar o Consorcio de Benestar coa integración do seu persoal
Política Social e Facenda asinan coa CIG, CC.OO. e UGT a integración do persoal do Consorcio no convenio colectivo da Xunta e poñen fin a un conflito que se prolongou durante unha década. O actual Goberno chegou a aprobar a disolución do ente, pero nunca a culminou.
VÍDEO | "Eu son feminista porque..."
Alumnas e alumnos do IES Politécnico de Vigo lanzan un vídeo no que explican as súas razóns para definirse deste xeito. Trátase dunha iniciativa impulsada polas profesoras Carme Adán e Ana Ojea
O feminismo galego bótase á rúa "para avanzar" cara á igualdade real
Unha manifestación feminista unitaria abre os actos do Día das Mulleres. "A sociedade non pode permitir ningunha agresión máis", advirten.
'María y los demás', triunfadora nuns Mestre Mateo que chaman á igualdade de oportunidades
O audiovisual galego celebra a diversidade creativa na décimo quinta entrega dos seus galardóns nunha gala moi musical inzada de chamadas a loitar contra a precariedade laboral neste oficio