Estudantes piden a dimisión de Arias Mosquera como presidente do Consello Social da USC
A maioría dos e das representantes do estudantado no Claustro impulsa unha carta que demanda a renuncia do presidente do Banco Pastor, sinalando a pensión de 15 millóns que cobrará tras abandondar a quebrada entidade e as informacións que o vinculan á Gürtel
Os sindicatos dos autobuses logran falar coa Xunta tras pecharse nas súas sedes
"A Consellería está conseguindo reforzar a vontade do persoal para secundar os paros", din os sindicatos. A patronal cre que a "pasividade" do Goberno ante o conflito "pode responder a un interese por deixar morrer as pequenas empresas do sector"
PSdeG e BNG acusan a Xunta de compensar só a concellos do PP o recorte de axudas aos municipios
"Cos 13 millóns de euros que repartiron a dedo entre uns poucos concellos do PP e os 4 millóns que destinan ao plan de camiños poderíase deseñar un perfecto plan único para todos", di a Deputación de Lugo
A Xunta limítase a esixir a fin da folga de autobuses tras a terceira xornada de paro masivo
A patronal cifra nun 85% a incidencia da nova xornada de mobilizacións. A conselleira asegura ter a "porta aberta" ao diálogo pero por separado, xa que os intereses de empresas e persoal son "distintos"
O Constitucional avaliará se a Xunta cumpre a lei coa designación a dedo de letrados no Consultivo
O tribunal admite a trámite o recurso presentado por En Marea contra a reforma aprobada polo PP en solitario. "Vímonos na obriga de recorrer unha operación do PP que ten como finalidade aniquilar a institución que fiscaliza a legalidade da actuación da Xunta", di Villares
O alumnado da ESO poderá estudar 'Identidade dixital' ou 'Consumo responsable'
Son dúas das catro novas materias optativas de libre configuración para os centros de secundaria. Valores democráticos europeos e Mobilidade escolar sostible e segura tamén se engaden a Igualdade de xénero, programación, oratoria, Educación financeira ou Investigación e tratamento da información
Só 1 de cada 4 vodas se celebran xa pola Igrexa
No ano 2016 houbo só 2.250 matrimonios católicos en Galicia, fronte a 6.879 exclusivamente civís. O descenso nos últimos 15 anos foi vertixinoso: no ano 2000 houbo aínda 9.279 vodas confesionais.
A oposición incide na prevención e valorización do monte tras o anuncio do plan de extinción de incendios da Xunta
O PSdeG pide un novo Plan Forestal, En Marea frear a eucaliptización e o BNG envía unha carta a Feijóo para “sentar a dialogar de xeito urxente”. Varios colectivos reclaman “a deseucaliptización urxente de Galicia”.
14.500 persoas comezan as oposicións ás 1.043 prazas que oferta Educación
Os exames que se iniciaron este sábado continuarán nos próximos días coas probas orais
O comité acusa a Ferroatlántica de prometerlle unha cousa á Xunta e outra aos accionistas
Os traballadores, que presentaron as alegacións, aseguran a empresa dille ao GOberno galego que a segregación e a venda das centrais permitiría levar a cabo o plan industrial e aos accionistas que cos cartos obtidos "farán fronte ás débedas e reducirán a carga financeira"
Un equipo da USC atopa relación entre a exposición ao radon en Galicia e os tumores cerebrais
Un artigo na revista Scientific Reports recolle as conclusións dunha investigación que analiza a correlación entre as elevadas concentracións deste gas en determinados concellos de Galicia e o número de mortes por este tipo de cancro
A Xunta pecha por sorpresa tres colexios nas Pontes, O Porriño e Outes
Educación anuncia un día antes do final de curso o feche destes tres centros educativos, elimina a oferta da ESO noutro de Ribadavia e suprime dez postos docentes nun instituto de Celanova. Profesorado e pais mobilízanse xa contra un anuncio "unilateral e sen información nin diálogo previo"