A xestora do PSdeG recupera oito meses despois as competencias para convocar primarias
O pasado outubro a xestora do PSOE retiráralle os poderes a Pilar Cancela, colocada á fronte do partido en Galicia tras a dimisión de Besteiro como secretario xeral nunha interinidade que xa dura 16 meses
A Praza dos Libros homenaxeará a Paco Souto e a literatura da Costa da Morte
Carballo acollerá do 6 ao 9 de xuño unha nova edición da feira cultural, da que Manuel Rivas será pregoeiro. Todas as persoas que merquen un libro o domingo pola mañá serán agasalladas cun molete de pan e unha lata grande de atún.
Impulsan unha plataforma para protexer e potenciar o Monte Neme
Está integrada por asociacións veciñais, culturais, ambientais e deportivas de Carballo e Malpica. Quere traballar para asegurar a recuperación do lugar, tres anos e medio despois de que rebentase unha balsa de residuos, e tamén para divulgar o coñecemento do seu patrimonio.
Móvete e PSdeG cargan contra o PP pola concesión de contratos ao coordinador do GES da Estrada
O movemento veciñal estradense denuncia que o Concello pagou facturas a nome das empresas relacionadas con Carlos Failde que suman ao redor de 100 mil euros. Os socialistas esixiran no Parlamento que a Xunta explique a situación de Faílde por incumprir a lei de incompatibilidades
Barbanza e Baixo Miño, comarcas con peor cobertura de medios aéreos contra incendios
Un terzo do territorio galego sitúase a menos de 4 minutos de voo destes medios aéreos e outro 48% está nun radio de 4 a 8. Porén, nestas dúas comarcas (moi afectadas polo lume) o tempo de chegada elévase por riba dos 10 minutos e mesmo supera os 14 nalgún punto.
BNG, ERC, EH-Bildu e Sinn Féin rexeitan na Coruña o TTIP e o CETA
Asinaron, xunto con outras formacións soberanistas, o manifesto Os Pobos de Europa ante os Tratados de Libre Comercio, acordos "que priorizan os intereses das grandes corporacións empresariais e financeiras mundiais en detrimento dos dereitos dos pobos e das maiorías sociais".
Anova pide "volver aos consensos constituíntes de En Marea do 30 de xullo"
"O Plenario debe recuperar o fío condutor dos consensos fundacionais da Asemblea de Vigo", na que "decidimos construír, en código aberto, de abaixo a arriba, unha fórmula para superar as formas de coalición e de partido clásicos", di a Coordinadora Nacional da formación
O plenario de En Marea debaterá os regulamentos de funcionamento da formación
O encontro celebrarase o vindeiro 15 de xullo en Compostela e alí tamén se debaterán documentos sobre o modelo de financiamento autonómico e a necesidade de infraestruturas para o futuro do país e outro titulado "En Marea como alternativa política das maiorías sociais de Galicia".
Moraña podería subvencionar con 1.400 euros unha capea taurina
O evento, que nunca ata agora se realizou no concello, tería lugar o 23 de xullo. O pagamento podería ser aprobado polo pleno do vindeiro xoves, coa rotunda oposición de PSdeG-PSOE e BNG. Este domingo Valga acollerá a súa propia capea, que leva semanas espertando críticas
O Foro do CCG destaca o incumprimento da Carta Europea para as linguas minoritarias
O Consello da Cultura acolleu dous días de debates que xuntaron unha trintena de representantes de todos os idiomas que se falan en España. “É preciso un maior esforzo e unha decidida aposta gubernamental para acadar os compromisos adquiridos", sinalou Rosario Álvarez.
Combarro xa navega: Encontro de embarcacións tradicionais
A vila pontevedresa acolle entre este xoves e o domingo a XIII edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, na que participan 150 barcos chegados de todo o país pero tamén de Portugal ou do País Vasco. En terra, unha chea de actividades co mar e a navegación como eixos.
SOS Sanidade leva á Fiscalía o desmantelamento da Cirurxía Pediátrica en Ourense
A plataforma presenta este venres a demanda, apoiada por En Marea, PSdeG-PSOE e BNG, despois de que o CHUO pasase de contar con catro especialistas a ter tan só un, o que provoca continuos atrasos nas intervencións e traslados a Vigo.