A idade media da maternidade incrementouse cinco anos nas últimas tres décadas
En Galicia sitúase nos 32,6 anos, moi por riba na media española (32) e só por detrás do País Vasco. Con todo, 2016 foi o primeiro ano dende 1996 no que descendeu a idade media na que as galegas tiveron o seu primeiro fillo ou filla, que agora se sitúa nos 31,53 anos
EpdLab: un proxecto para formar en valores e na lectura crítica dos medios
IES A Cachada de Boiro, IES A Sagriña de A Guarda, IES Milladoiro de Ames, IES Carlos Casares de Viana do Bolo e IES Pintor Colmeiro de Silleda participaron este curso no Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento impulsado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios
Galicia tivo en 2016 a peor diferenza de nacementos e mortes da historia
O pasado ano o saldo vexetativo foi de -12.683, os datos máis negativos de todo o Estado. É a terceira comunidade cunha menor taxa de natalidade, que continúa o seu descenso.
Unha fin de semana para gozar das embarcacións tradicionais en Combarro
Combarro (Poio) acollerá entre o 29 de xuño e 2 de xullo a 13ª edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, no que participarán uns 150 barcos. Exposicións, obradoiros, recitais, andainas e concertos complementarán, en terra, a actividade que se desenvolva no mar
CIG e CSIF piden rematar coa temporalidade que afecta ao 40% do persoal de loita contra incendios
No servizo da Xunta non se convoca ningunha oferta pública de emprego dende o ano 2003. Os sindicatos denuncian que o Goberno galego incumpriu a promesa realizada o pasado mes de setembro, cando anunciou que o 20% das prazas deste ano serían para o SPDCIF.
A fenda de xénero nas pensións aumenta ano a ano en Galicia
No 2016 os pensionistas galegos recibiron unha media de 1.019 euros mensuais, fronte aos 741 das mulleres. As contías que reciben as persoas que se acaban de xubilar levan dous anos conxeladas.
'Inventa en galego': aplicacións móbiles e lingua van da man na escola
Igaciencia entrega na Coruña os galardóns ás apps e proxectos tecnolóxicos deseñados por alumnado de varios institutos galegos
Patronal e sindicatos únense contra a actitude da Xunta no inicio da folga de transporte
CCOO, UGT e CIG acusan a Infraestruturas de "dinamitar" a posibilidade de desconvocar o paro que comeza este martes ao convocalos por separado a unha xuntanzaa prevista xunto as federacións empresariais, que censuran tamén as "decisións erráticas" da Consellería
O tráxico incendio de Pedrógão Grande mata máis de 60 persoas e conmociona Portugal
Máis da metade das persoas falecidas por mor do lume ficaran atrapadas na estrada. "Tudo aponta muito claramente para que sejam causas naturais", afirman os investigadores.
As Letras do 2018 para María Victoria Moreno, a profesora que viaxou cara ao galego
A Real Academia Galega elixe unha muller para o Día das Letras por cuarta ocasión. A escritora homenaxeada instalouse no galego e achegou a el a incontables mozas e mozos a través dos seus libros e do seu traballo docente
"Eu decido, ti respectas": contra as agresións sexuais, tamén nas festas do verán
A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña para "previr as violaciósn en cita e as agresións por submisión química". Será distribuída nos festivais das Rías Baixas e no vindeiro curso estenderase aos centros de ensino
O alcalde do PP de Vilariño de Conso, inhabilitado por enchufar 29 persoas no Concello
O tribunal dá por certificado que Ventura Sierra contratou 29 persoas irregularmente, pero absólveo da acusación de falsidade documental que mantiña a Fiscalía. A lei de partidos obriga a deixar o posto de inmediato aos cargos públicos condenados por delitos contra a Administración