Seguimento total da folga da estiba, tamén nos portos de Galicia
O ministro de Fomento recoñece que o 100% dos traballadores secundaron o paro no Estado, tamén nos principais peiraos galegos. López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, lamenta "moitísimo" a decisión dos operarios polo "dano grave" que provoca
Pontenciencia, cando a ciencia é un xogo
300 nenos e nenas de oito colexios de Pontevedra participaron na terceira edición desta iniciativa, na que expuxeron os seus experimentos. Houbo tamén actividades interactivas, proxeccións e unha exposición sobre as mulleres pioneiras no ámbito cinetífico.
'Para dar trela': Aprender o galego "coma nativos con moita aldea ou mar"
Este manual de fraseoloxía editado polo Centro Ramón Piñeiro e coordinado por Xesús Ferrol Ruibal ofrece centos de exemplos de frases feitas, expresións e refráns, acompañados de exercicios prácticos e dos cadriños de Davila.
'A arte de trobar' de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela
María Canosa fíxose co Premio Merlín de Literatura Infantil e Manuel Lourenzo co Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. A Illa de San Simón acolleu un ano máis a festa literaria dos galardóns, un acto de homenaxe a Agustín Fernández Paz no que Xurxo Mariño actuou como mantedor literario.
Eva Solla asume o liderado de Esquerda Unida, que intensificará o "traballo de rúa"
A deputada no Parlamento substitúe a Yolanda Díaz como coordinadora nacional da formación, que este sábado celebrou en Compostela a súa XII Asemblea Nacional, co lema “A Forza das Ideas”, na que participaron 250 delegados/as e 50 convidadas/os.
Foro Galego aproba a súa liña política cara ao plenario de En Marea
Pide que o partido "afonde nunha proposta clara e ambiciosa no plano nacional que vaia alén das alusións rituais á plurinacionalidade”.
EspazoCoop salienta na súa presentación o auxe do cooperativismo en Galicia
A entidade nacida da fusión de Ugacota, Ucetag e Sinerxia celebrou unha xornada en Compostela na que se subliñaron as potencialidades deste fórmula empresarial, con 1.308 unidades activas en Galicia, que dan traballo a máis de cen mil persoas.
15 centros sociais galegos solidarízanse co CSOA Escárnio e Maldizer
Entidades de todo o país asinan un manifesto conxunto que denuncia "a política de persecución policial e mediática"
As críticas ao artigo homófobo obrigan o presidente dos empresarios de Sada a dimitir
Tamén dimitiu o tesoureiro da entidade e autor do texto, reprobado oficialmente polo Goberno municipal de Sada. Varios socios e socias da asociación presentaran a súa baixa ou manifestaran publicamente a súa incomodidade
Festa rachada en Vimianzo polos 550 anos da revolta irmandiña
O Asalto ao Castelo presenta a súa edición máis cargada de historia. Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre encabezan o cartel musical da festa, cuxo programa comeza o vindeiro día 17 e prepara a xornada grande para o 1 de xullo
Os sindicatos alertan de que o número de camas pechadas no Sergas será semellante ao de veráns anteriores
A CIG sinala que serán ao redor de 1.200 as instalacións que nos estarán dispoñibles nos hospitais durante o período estival e, ao igual que CC.OO, esíxelle ao SERGAS que funcionen con normalidade co obxectivo de reducir as listas de espera.
Lamazares e Uxío Novoneyra atópanse na Cidade da Cultura
Dende este venres e ata o 17 de setembro poderá verse no Museo Centro Gaiás a exposición Flor Novoneyra, un cento de cadros construídos sobre os os versos do poeta e que constitúen o "testamento pictórico" do artista.