O mestre de Conde Roa
RARA AVIS Imputado por prevaricación, tráfico de influenzas e suborno, o alcalde de Fisterra, José Manuel Traba repite de candidato neste municipio costeiro.
Operación Sobrado: caso de transfuguismo ou cuestión positiva?
RARA AVIS Sobrado dos Monxes é un concello da provincia da Coruña. Non tivo grandes noticias na prensa ata o 20 de abril cando os catro concelleiros do BNG, e únicos opositores ao PP, se cambiaron ao PSOE
"O ser humano non ten a capacidade real de crer que todos somos iguais"
ENTREVISTA Jesús Blasco de Avellaneda leva desde 1997 desempeñando labores informativas na fronteira sur de Europa, onde foi delegado de Informativos Tele5 en Mellila e Marrocos. Actualmente exerce como freelance na zona. Aproveitamos a súa visita a Compostela para falar con el.
Paula Prado pide apoio para o PP nas municipais fronte ás "corruptelas" da oposición
Na Facultade de Ciencias Políticas, BNG, CxG, PP, PSOE, Compostela Aberta e Ciudadanos debateron sobre as súas propostas e marcos para estas vindeiras eleccións municipais
"Se nese cuarto estivese un cidadán ameazado pola xihad tería seguridade as 24 horas"
O asasinato de Isabel Fuentes no hospital de Ourense a mans do seu marido reabre, en plena campaña electoral, o debate sobre a violencia machista e a falta de prevención nos protocolos de seguridade
O conflito da música nos locais e as artes na rúa, prioridade cultural de Compostela Aberta
A candidata número catro, Branca Novoneyra e o membro do grupo de teatro Chévere, Xavier Ron, presentaron o documento base sobre o que a formación política traballará no eido cultural
Antes que xulgar o Islam, os occidentais deberían preocuparse dos seus problemas de comprensión do mundo
Que define ese islam que dá medo? É islam sequera? Que relación ten coa realidade histórica? E coa teoloxía? A realidade é que aos cidadáns occidentais asústalle a forza coa que o terrorismo bate no nome do islam, onde quere, cando quere e sen aparente dificultade.
A marea azul da Galicia rural
Decote nas eleccións municipais os focos póñense nas grandes cidades, coas súas múltiples candidaturas e a súa campaña mediática. Pero que ocorre nos concellos que oscilan entre os 200 e os 600 habitantes? Como son os recunchos do poder?
Somos Nós calcula que Galicia debe recibir o dobre para dotar de servizos aos cidadáns
A plataforma cívica Somos Nós presentou o seu primeiro informe, feito por 20 expertos, Galicia diante dun novo mandato municipal, que lle vai enviar á Fegamp e aos partidos políticos para xerar consenso arredor dun modelo de financiamento "máis xusto" para os concellos
Noriega: "Estou convencido, imos vencer por unha cuestión de xustiza"
Compostela Aberta presentou a súa lista no seu local social da Praza do Toural en sesión vermú. Actuaron varios artistas para amenizar os discursos dos candidatos
Os candidatos que gañan no Twitter
O poder das redes sociais e de Internet estableceu unha mudanza no xeito no que os partidos comunican as súas mensaxes. Noriega, Negreira e Barcón son os alcaldables con máis seguimento. Imos comprobar que tal o fan os principais candidatos ás cidades galegas no Twitter
"En Galicia o audiovisual podería ser un sector estratéxico"
ENTREVISTA. Bota a andar o festival de curtas Redondela en Curto que se prolongará ata o domingo pola noite. Deber, do vigués Ángel Manzano é a película galega das 16 seleccionadas. Porén, tamén hai unha sección dedicada integramente ao cinema galego. Falamos co director do certame, Fernando Carreira para que nos desvele algunhas claves desta cita cinematográfica