O BOE establece un novo recorte nas bolsas universitarias que o Goberno central nega
Aplica a suba ao 6,5 da nota mínima para acceder a unha axuda cando até o de agora era de 5,5, unha modificación que non fora anunciada polo Executivo, que di que todo "segue como estaba" e que "puido ser un erro"
Galicia supera a media do Estado en matemáticas, lectura e ciencias no informe PISA
O estudantado galego mellora no rendemento matemático e na capacidade lectora e mantense en ciencias, segundo o último estudo. España acada a nota media da OCDE logo da caída xeneralizada da nota no resto de países.
Mulleres no deporte: ou floreiro ou marimacho
Os roles de xénero perpetúanse no mundo deportivo, onde se manteñen as expresións máis tradicionais de feminidade e ás mulleres no papel de ornamentos, mentres que as profesionais máis atléticas son cualificadas de masculinas. A asociación Mulleres Deportistas Galegas advirte de discriminación como a obriga de vestiren roupa máis axustada que a dos homes nalgunhas especialidades deportivas.
A conciliación real da vida laboral, aínda moi lonxe para as mulleres
Un estudo recente asegura que case a metade das nais percibe riscos para a súa carreira profesional, algo que lle acontece só a un de cada seis pais. A diferenza de salarios a favor dos varóns fai que sexan elas as que adoiten renunciar á xornada completa ou abandonen o seu emprego.
"Era a puta do colexio, esa que os rapaces pensaban que podían levar á cama"
Slut: A documentary film forma parte dun proxecto impulsado pola estadounidense Emily Lindin, vítima de bullying sexual na adolescencia. A fita, cuxoa estrea está prevista para finais deste ano, milita contra o afán da sociedade de negativizar e avergoñar a sexualidade das mulleres.
A relación entre pobreza e fracaso escolar
Un estudo vincula a situación socioeconómica do estudantado co seu nivel de rendemento escolar. O 61% das persoas adolescentes en risco de exclusión suspenden tres ou máis materias. O 20% do alumnado da ESO enfróntase a un estado de privación material.
"É insoportable ver como a humillan por 400 euros ao mes"
Natalia, traballadora social de 39 anos, cobra 400 euros mensuais nun sector que non é o seu e que destina integramente ao pagamento de facturas. Do 35% do emprego xerado no Estado durante o mes de xullo, a fórmula máis repetida foi o contrato temporal de xornada parcial
Darlle o peito a un bebé en público: que problema hai?
A decisión da cadea Primark de prohibir que as súas clientas aleiten dentro da tenda sinala un debate aínda por abrir no Estado. Varias organizacións reclaman o dereito das nais a non agocharse mentres noutros países a lei especifica que impedir a lactancia é unha discriminación á muller.
Os cinco silencios máis clamorosos de Rajoy
Mariano Rajoy caracterízase por permanecer calado nos momentos máis difíciles. O caso Bárcenas non é unha excepción.