Dende o pasado ano a Deputación de Lugo vén impulsando un proxecto de recuperación, conservación e aproveitamento económico sostible dos soutos de castiñeiros existentes na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, un traballo desenvolvido en colaboración coa cooperativa ancaresa A Carqueixa. Agora este proxecto vén de ser galardoado a nivel de todo o Estado Español, obtendo o premio Copa España Creativa 2020, que recoñece proxectos innovadores para o desenvolvemento sostible do territorio.
A recuperación dos soutos supón unha fonte de ingresos complementaria para as explotacións agrogandeiras. Pero, ademais, favorece a ordenación do territorio e a prevención dos lumes forestais, e contribúe á conservación de hábitats protexidos e ao mantemento da súa biodiversidade
O VII Foro de Ciudades y Territorios Creativos de España, celebrado en Orihuela (Alacante), escolleu o proxecto lucense entre unha vintena de candidaturas, optando pola presentada pola Deputación cun máis do 40% dos votos, a moita distancia do segundo clasificado.
A recuperación dos soutos supón unha fonte de ingresos complementaria para as explotacións agrogandeiras, pois cada hectárea de castiñeiros nesta zona pode chega a producir uns 3.000 quilogramos de castañas de rendemento medio anual. Pero, ademais, favorece a ordenación do territorio e a prevención dos lumes forestais, e contribúe á conservación de hábitats protexidos e ao mantemento da súa biodiversidade.
O proxecto comezou coa elaboración dun mapa dos bosques de frondosas autóctonas da Reserva da Biosfera, que representan o 28% da Reserva con 15.000 hectáreas. E, singularmente, das masas de castiñeiros que, con preto de 5.000 hectáreas, supoñen o 9% deste espazo natural.
O proxecto comezou coa elaboración dun mapa dos bosques de frondosas autóctonas da Reserva da Biosfera, que representan o 28% da Reserva con 15.000 hectáreas. E, singularmente, das masas de castiñeiros que, con preto de 5.000 hectáreas, supoñen o 9% deste espazo natural
Ademais, identificouse a verdadeira propiedade dos montes comunais dos soutos de Vilor, en Navia de Suarna, e Vilaver, en Cervantes, co obxectivo de "proporcionar a seguridade xurídica que posibilite a súa explotación e conservación". Os soutos son un tipo de bosque que precisa dunha xestión activa para manterse en bo estado. Son necesarios coidados, como a poda, os enxertos, a limpeza e os tratamentos fitosanitarios que garantan a súa conservación e a produción de froitos e madeira. A explotación económica dos soutos está na actualidade limitada por diversas causas sociais, como o abandono progresivo do rural; e medioambientais, como as pragas; pero, en moitos casos, tamén por motivos administrativos, como a incerteza xurídica sobre a titularidade dos castiñeiros.
Identificouse a verdadeira propiedade dos montes comunais dos soutos co obxectivo de "proporcionar a seguridade xurídica que posibilite a súa explotación e conservación"
Froito deste traballo, ábrense novas posibilidades de futuro para o aproveitamento económico destes recursos naturais pola veciñanza no territorio da Reserva da Biosfera dos Ancares. Así, é posible a creación de agrupacións de propietarios de soutos para a xestión conxunta dos mesmos e o acceso a axudas públicas para a conservación e explotación.
Ademais, coa base xurídica definida, pódense iniciar procesos de modernización que incrementen a produtividade dos soutos a través de ferramentas tecnolóxicas para o seguimento dos tratamentos fitosanitarios aplicados a cada árbore ou para predicir ou cuantificar a cantidade de castaña que producen por variedade e calibre.
Froito deste traballo, agora pódense crear agrupacións de propietarios para a xestión conxunta e o acceso a axudas públicas para a conservación e explotación
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, expresou a súa “enorme satisfacción” polo premio, que supón “un importante recoñecemento ás políticas e á estratexia que promovemos para apoiar ao rural e ao sector primario, e para favorecer deste xeito o desenvolvemento social e económico sostible do territorio, xerar riqueza e emprego, ordenar o territorio e fixar poboación”.