A primeira xornada de folga de persoal médico na Atención Primaria volveu triunfar na área de Vigo --onde o conflito agromou coa dimisión duns vinte xefes de servizo--, cun seguimento de case o 90% entre a quenda da mañá e de tarde, con cifras relevantes pero menos importantes segundo os datos facilitados pola convocante Asemblea de Áreas Sanitarias (AAS).
A Asemblea de Áreas Sanitarias advirte dun seguimento do 90% na área de Vigo e de máis do 50% no conxunto de Galicia; o Sergas redúceo a un 12%
De ter en conta os datos de todas as áreas facilitadas, o seguimento sería superior ao 50% no conxunto de Galicia, aínda que de maneira desigual, cun 65% nas áreas de Ferrol e Pontevedra, un 60% na de Ourense, un 47% na da Coruña, un 35% na de Santiago e un 33% na de Lugo.
Mentres a AAS amosa a súa "satisfacción" polos datos, especialmente importantes en Vigo, onde acumulan tres folgas en poucos meses, a Consellería de Sanidade reduce a participación na folga a algo máis do 12% dos profesionais médicos, tanto na quenda de mañá como de tarde. Os convocantes advirten, no entanto, dun seguimento importante que, aseguran, é constatable coas imaxes de escasa actividade que deixaron moitois centros de saúde no país.
Os profesionais, organizados en asembleas nas diferentes áreas sanitarias galegas tras a ruptura da anterior coordinadora co gallo da desconvocatoria dunha folga en abril, insisten no seu "malestar" e na "sobrecarga" sufrida nos centros de saúde e denuncian unha "xestión desligada da realidade e unha completa ausencia de medidas que aborden o problema". Todo mentres as comisións técnicas continúan avanzando ao tempo que o Sergas achega outras propostas á marxe da mesa de negociación.
Logo da folga levada a cabo o pasado 19 de xuño, a AAS asegura que as súas reclamacións "non foron escoitadas", motivo que levou os profesionais a convocar esta folga de dúas xornadas na que manteñen as demandas. Así, reclaman unha xerencia de Atención Primaria, máis tempo para atención ao paciente e limitación a 30 citas por día, así como maior estabilidade e a convocatoria de prazas que cubran todas as vacantes de todas as categorías.
Os profesionais, organizados en asembleas nas diferentes áreas sanitarias galegas tras a ruptura da anterior coordinadora co gallo da desconvocatoria dunha folga en abril, insisten no seu "malestar" e na "sobrecarga" sufrida nos centros de saúde e denuncian unha "xestión desligada da realidade e unha completa ausencia de medidas que aborden o problema". Todo mentres as comisións técnicas continúan avanzando ao tempo que o Sergas achega outras propostas á marxe da mesa de negociación.
O persoal médico mobilizado insiste no seu "malestar" pola falta de medidas por parte do Sergas e advirten da "sobrecarga" nos centros de saúde
Logo da folga levada a cabo o pasado 19 de xuño, a AAS asegura que as súas reclamacións "non foron escoitadas", motivo que levou os profesionais a convocar outra folga na que manteñen as demandas. Así, reclaman unha xerencia de Atención Primaria, máis tempo para atención ao paciente e limitación a 30 citas por día, así como maior estabilidade e a convocatoria de prazas que cubran todas as vacantes de todas as categorías.
Pola súa banda, o Sergas destaca que o Plan Galego de Atención Primaria suporá incorporar máis de 300 profesionais en centros de saúde.