O saldo migratorio total vén sendo positivo dende 1990, cando menos, coas únicas excepcións dos anos 2013, 2014 e 2015, marcados pola crise económica. O saldo migratorio co estranxeiro foi positivo todos os anos agás o 2013
Galicia foi historicamente unha terra de emigrantes. Pero iso cambiou nas últimas décadas e dende hai anos o saldo migratorio galego é positivo (chegan máis persoas das que marchan), especialmente en relación co estranxeiro. O ano 2022, cuxos datos vén de facer públicos o Instituto Nacional de Estatística, rompeu os récords históricos sobre a chegada de poboación inmigrante a Galicia, levando o saldo migratorio aos seus datos máis positivos dende que hai rexistros.
En concreto, o saldo migratorio exterior (de Galicia en relación ao estranxeiro) foi de +25.867, máis que duplicando os datos do ano 2021 (+9.695) e superando amplamente o mellor ano da serie histórica, o 2007 (+20.919).
O saldo migratorio interior, referido aos cambios de residencia dentro do Estado español, isto é, entre Galicia e as restantes comunidades autónomas, tamén foi positivo, pero o dato (+1.384) estivo por debaixo dos indicadores de 2021 (+3.141).
O saldo migratorio co resto do Estado, en cambio, mantén un comportamento distinto: habitualmente negativo entre 1990 e 2007, pasou a ser positivo entre 2007 e 2012, para de novo ser negativo entre 2013 e 2019. Nos anos 2020, 2021 e 2022 volveu ser positivo, pero con valores moi inferiores ao do saldo exterior
En conxunto, o saldo migratorio total (+27.251) duplica o do ano 2021 (+12.836) e mellora claramente o mellor dato histórico, o de 2007 (19.583).
O saldo migratorio total vén sendo positivo dende, cando menos, o ano 1990, coas únicas excepcións dos anos 2013, 2014 e 2015, marcados pola crise económica que seguíu á Gran Recesión. O saldo migratorio co estranxeiro foi positivo todos os anos agás o 2013.
O saldo migratorio co resto do Estado, en cambio, mantén un comportamento distinto: habitualmente negativo entre 1990 e 2007, pasou a ser positivo entre 2007 e 2012, para de novo ser negativo entre 2013 e 2019. Nos anos 2020, 2021 e 2022 volveu ser positivo, pero con valores moi inferiores ao do saldo exterior.
39.281 persoas que anteriormente vivían fóra de España pasaron a residir en Galicia. Son 14 mil máis das que chegaran no ano 2021
O ano 2022 superou todas as marcas anteriores, sobre todo, no que atinxe aos fluxos de chegada dende o estranxeiro. 39.281 persoas que anteriormente vivían fóra de España pasaron a residir en Galicia. Son 14 mil máis das que chegaran no ano 2021. Ademais, as saídas cara ao estranxeiro tamén diminuíron, pasando de 15.852 a 13.414, o que contribuíu a alargar aínda máis o saldo positivo.
Ao falar destas chegadas, cómpre ter en conta que estas poden ser tanto de persoas nacidas no estanxeiro que pasan a vivir en Galicia ou de persoas nacidas en Galicia que regresan. E o mesmo sucede coas saídas, que poden correspoder a galegos e galegas de orixe que marchan ou as persoas nacidas noutros países que regresan a eles.
Os fluxos co estranxeiro, tanto os de entrada coma os de saída, corresponden maioritariamente a persoas nacidas fóra de España
O INE achega datos por nacionalidade e lugar de nacemento, que amosan que a maior parte dos fluxos de entrada e de saída corresponden precisamente a persoas nacidas fóra de España. Por exemplo: das 13.414 persoas que marcharon fóra, 9.621 naceran fóra de España e só 3.793 fixérano no interior do Estado. E, de igual xeito, das 39.281 persoas que chegaron, o 90% naceron fóra de España.
O saldo migratorio co resto do Estado foi moi positivo para Galicia nos maiores de 45 anos. Porén, foi practicamente neutro nos menores de 25 e moi negativo no grupo de idade entre 25 e 44 anos
En canto aos fluxos migratorios con outros puntos do Estado Español, mantivéronse relativamente estables, cun leve aumento das saídas cara a outras comunidades autónomas (de 18.191 a 19.283) e unha pequena dimunción das chegadas (de 21.332 a 20.667).
Neste caso, resulta interesando debullar os datos por idade, pois nas últimas décadas estivo producíndose un importante fluxo de chegada (ou de regreso) de poboación de maior idade procedente doutras comunidades autónomas e un considerable fluxo de saída de poboación máis nova, en dirección principalmente a Madrid, Cataluña, Andalucía, Comunidade Valenciana, Baleares ou Canarias.
No 2022 chegaron a Galicia dende o estranxeiro 6.500 nenos e nenas de 14 anos ou menos (e marcharon 1.325). Un importante saldo positivo que contribúe a loitar contra o envellecemento da poboación
En efecto, durante o ano 2022 o saldo migratorio co resto do Estado foi moi positivo para Galicia nos maiores de 45 anos. Porén, foi practicamente neutro nos menores de 25 e moi negativo no grupo de idade entre 25 e 44 anos.
En cambio, no que atinxe á migración exterior, esta presenta un saldo positivo para Galicia en todos os grupos de idade, pero sobre todo entre os menores de 45 anos. Un dato chama especialmente a atención: no ano 2022 chegaron a Galicia dende o estranxeiro 6.500 nenos e nenas de 14 anos ou menos (e marcharon 1.325). Un importante saldo positivo que contribúe a loitar contra o envellecemento da poboación.
Venezuela, Colombia, Perú, Brasil e Ucraína son os países dende os que chegaron máis persoas a Galicia
Os países dende os que chegou un maior número de persoas a Galicia foron principalmente americanos: Venezuela (5.066), Colombia (4.694), Perú (2.503), Brasil (1.876), Arxentina (1.771) e Cuba (1.697), coa presenza de Ucraína no quinto lugar (chegaron 1.848 persoas daquel país), motivada pola guerra.
Esta realidade está contribuíndo a mudar poderosamente a sociedade galega, especialmente nas zonas urbanas e particularmente nas xeracións máis novas, entre as que a poboación con orixe noutros países acada unha representación cada vez maior.
A chegada de poboación inmigrante foi quen nos últimos tres anos de compensar a caída da natalidade e un saldo vexetativo moi negativo, elevando a poboación de Galicia por riba dos 2,7 millóns de habitantes, con crecementos moi importantes nas cidades no ano 2022.
Galicia ten saldos positivos con todas as comunidades autónomas, agás con dúas dos máis turísticas: a Comunidade Valenciana e Baleares
En canto aos fluxos de entrada e saída entre Galicia e outras comunidades autónomas, as relacións están moi equilibradas en todos os casos, con saldos que practicamente se igualan en todos os casos, agás no de Cataluña (+525 para Galicia). En xeral, o noso país ten saldos positivos con todos os territorios, agás con dous dos máis turísticos: a Comunidade Valenciana e Baleares.