A pandemia de COVID iniciada en marzo de 2020 sacudiu as vidas de todas as persoas e provocou un gran número de cambios, algúns temporais e outros cun efecto de maior percorrido. No ano 2020 falouse moito dun certo éxodo urbano cara ao rural. O confinamento viviuse con menor abafo fóra das cidades e iso animou algunhas persoas a buscar unha casa no rural ou a mudar o seu empadroamento a unha segunda residencia.
2022 marcou un punto de inflexión. Fronte ás caídas experimentadas pola poboación das cidades en 2020 e 2021, o pasado ano as urbes rexistraron importantes subas coas que case recuperaron as cifras perdidas nos dous anos precedentes
Os datos están aí, non foi unha revolución pero, efectivamente, varios concellos (sobre todo os máis próximos ás cidades) gañaron poboación entre 2020 e 2021, mentres as cidades viron caer o seu número de habitantes de forma importante, en boa medida pola diminución das chegadas de inmigrantes, que en 2022 e o 2023 volveron aumentar de maneira notable.
Este mércores o INE publicou a información do Censo correspondente ao 1 de xaneiro de 2023, cunha nova metodoloxía que por primeira vez actualiza anualmente os datos (anteriormente facíase cada dez), e que terá continuidade no mes de decembro de cada ano. Os datos de poboación amosan, como xa fixera hai un mes a Estatística continua de poboación, que Galicia aumentou en case sete mil persoas o seu número de habitantes en 2022 (pasa de 2.692.825 a 2.699.424), cunha tendencia á alza que no terceiro trimestre deste 2023 xa elevou a cifra aos 2.703.517 habitantes, por riba do nivel previo á pandemia de COVID.
O aumento poboación experimentado por Galicia no ano 2022 débese principalmente ás subas rexistradas nas cidades, cun incremento de case 6.500 habitantes entre A Coruña, Vigo, Lugo, Santiago e Ourense. A Coruña (+2.913) lidera as subas, das que só quedan fóra Pontevedra (-99) e Ferrol (-243)
O aumento poboación experimentado por Galicia no ano 2022 débese principalmente ás subas rexistradas nas cidades, cun incremento de case 6.500 habitantes entre A Coruña, Vigo, Lugo, Santiago e Ourense. A Coruña (+2.913) lidera as subas, das que só quedan fóra Pontevedra (-99) e Ferrol (-243).
Non só medra a poboación nas cidades, senón que tamén o fai en concellos das súas áreas metropolitanas, especialmente na da Coruña: Oleiros (+558), Arteixo (+543), Sada (+256), pero tamén en Ames, Salvaterra do Miño, Marín, O Porriño, San Cibrao das Viñas ou Narón. Destacan igualmente os aumentos en Monforte, Ribeira, Miño, Melide, Teo, Negreira, Ponteareas ou Ares.
Iso si, a tendencia xeral no conxunto dos concellos do país foi a perder poboación. No ano 2022 gañaron habitantes 120 concellos, pero perdéronos 185
E en termos relativos á súa poboación, os maiores aumentos corresponderon a Lobios, Negueira de Muñiz
Mondariz-Balneario, Castro Caldelas, Vilariño de Conso, Baños de Molgas, A Veiga, Castrelo do Val, Castrelo de Miño, San Cibrao das Viñas, San Xoán de Río, Crecente, Miño e Verea, pequenos concellos (agás Miño e San Cibrao), que viron aumentar o seu número de habitantes máis dun 2% nun só ano.
Iso si, a tendencia xeral no conxunto dos concellos do país foi a perder poboación. No ano 2022 gañaron habitantes 120 concellos, pero perdéronos 185. En termos porcentuais, os que máis caeron foron Xunqueira de Espadanedo, Laza, As Nogais, Cervantes, Mañón, Beariz, Guntín, Cenlle e A Capela.
Recuperación dos niveis previos á pandemia de Covid
En relación ao 2020 a poboación actual de Ferrol está 1.555 persoas por debaixo (-2,37%), Ourense ten 1.456 habitantes menos (-1,38%), Pontevedra está 668 habitantes por debaixo (-0,8%) e Vigo ten 1.782 habitantes menos (-0,6%)
2022 marcou un punto de inflexión. Fronte ás caídas experimentadas pola poboación das cidades en 2020 e 2021, o pasado ano as urbes rexistraron importantes subas coas que case recuperaron as cifras perdidas nos dous anos precedentes. Se comparamos a información achegada polo censo correspondentes ao 1 de xaneiro de 2023 e os do padrón municipal do 1 de xaneiro de 2020 (con metodoloxías distintas e pequenas diferenzas entre os datos de cada ano), vemos como as cidades galegas seguen lixeiramente por debaixo dos números de hai tres anos, mentres que o conxunto de Galicia si recuperou practicamente ese nivel.
En relación ao 2020 a poboación actual de Ferrol está 1.555 persoas por debaixo (-2,37%), Ourense ten 1.456 habitantes menos (-1,38%), Pontevedra está 668 habitantes por debaixo (-0,8%) e Vigo ten 1.782 habitantes menos (-0,6%). Os descensos en Lugo (-330, -0,33%) e A Coruña (-254, -0,10%) son menores. E Santiago é a única cidade que está por riba dos datos de hai tres anos (+868, +0,89%).
Santiago, Oleiros, Arteixo, Miño e Sada son os concellos que máis poboación gañaron dende o 2020
Ademais de Santiago, Oleiros, Arteixo, Miño e Sada son as localidades que máis poboación gañaron dende o 2020, por diante de Teo, O Porriño, Sanxenxo, Gondomar, Baiona, Ames, O Grove, Valdoviño, Tomiño, Salvaterra, Ares e Nigrán.
Neste mapa pódese comprobar a evolución da poboación de todos os concellos galegos entre 2020 e 2023
Neste mapa pódese comprobar a evolución da poboación de todos os concellos galegos entre 2020 e 2023. Non hai grandes diferenzas en relación ao mapa coas variacións do último ano, pero si se advirte unha intensificación dos descensos no leste de Lugo, o sur de Ourense e a Costa da Morte, con maiores aumentos no Baixo Miño e na área metropolitana da Coruña.