A poboación residente nos concellos de Ourense e Barbadás será confinada a partir da medianoite do mércores ao xoves. Así a Consellaría de Sanidade despois da xuntanza do Comité clínico de expertos sanitarios que a asesora, á vista dos datos da expansión da epidemia de coronavirus na área sanitaria ourensá, cunha incidencia da enfermidade que máis que duplica a media galega. A Consellaría de Sanidade busca "poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta".
Nos termos municipais de Ourense e Barbadás "os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios", indica Sanidade
En Ourense e Barbadás a mobilidade ficará restrinxida, "polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios", indica a Consellería de Sanidade. Así mesmo, nos concellos de Ourense e Barbadás, aplicaranse as medidas de nivel 3, polo que estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.
Ademais, a Xunta acordou prohibir as xuntanzas de persoas non convivintes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras e en toda a comarca do Carballiño (Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea), estendendo a restrición que dende o venres pasado xa funcionaba na cidade de Ourense.
A Xunta acordou prohibir as xuntanzas de persoas non convivintes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras e en toda a comarca do Carballiño, ademais de en Ourense e Barbadás
As medidas de prevención e control amplianse a medio cento de localidade da provincia de Ourense. Entran en nivel 2 de restricións todos os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e O Barco. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.
Os concellos afectados por estas medidas de nivel 2 son os seguintes: Amoeiro, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras, A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia, Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo, ademais dos xa referidos anteriormente na comarca do Carballiño (Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea).