As restricións suavízanse na área sanitaria de Ferrol, mentres só Soutomaior fica no nivel máximo de alerta

Arsenal de Ferrol e estaleiro de Navantia CC-BY-SA Praza Pública

O Comité Clínico que asesora á Consellaría de Sanidade decidiu este martes suavizar as medidas de prevención ante a Covid-19 nun gran número de concellos, atendendo á mellora da situación epidemiolóxica que se vén rexistrando nas últimas semanas

Así, dende este venres toda a área sanitaria de Ferrol pasa a esta no nivel medio de alerta, o que permitirá que a poboación da maior parte dos seus concellos se poida mover libremente por case toda Galicia, agás as áreas sanitarias da Coruña-Cee e Pontevedra-O Salnés, as únicas que continuarán pechadas.

As áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra son as únicas que continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto

O outro gran cambio para o concellos desta área sanitaria que pasan ao nivel medio é que neles a hostalaría poderá comezar a servir no seu interior (ata agora pechado), pero só cun 30% da seúa capacidade máxima e sen empregar a barra.

Tamén se reduce a un, o número de concellos que se atopan en nivel máximo de restricións (ata agora eran nove). Trátase do termo municipal de Soutomaior, cunha incidencia a 14 días superior aos 500 casos por cada 100.000 habitantes. 

Fóra destas dúas áreas sanitarias, tamén se atopan nesta situación Cariño, Guitiriz, Lourenzá, A Pobra do Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.

Mentres, as áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto independentemente da situación epidemiolóxica na que se atopen e da incidencia rexistrada nas últimas dúas semanas. A súa poboación só poderá moverse no interior da súa área sanitaria. 

Fóra destas dúas áreas sanitarias, tamén se atopan nesta situación os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, A Pobra do Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás, por ter incidencias acumuladas nas últimas dúas semanas entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás cero horas do venres día 5 de marzo.

Na explicación das medidas por parte da Consellería, xa na xornada do mércores, o conselleiro deu en explicar, finalmente, cal será a periodicidade de revisión das restricións e para a entrada en vigor dos posibles cambios. As reunións do comité e do subcomité clínico celebraranse os martes e os venres, respectivamente. As mudanzas nas restricións que se decidan o martes entrarán en vigor ás 00:00 do venres e as que poidan decidirse o venres, con independencia de que se fagan públicas nesa mesma xornada, entrarán en vigor ás 00:00 do luns.

Feijóo, o conselleiro de Sanidade e a conselleira de Política Social, participando na xuntanza do comité clínico do 2 de marzo de 2021 CC-BY-SA Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.