"Moitas mulleres foron vítimas durante a Guerra Civil e Postguerra dos violentos escarnios públicos que as degradaban e humillaban fronte a toda a poboación", destacan as autoras do proxecto
O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición temporal EU SON. Memoria das rapadas, realizada por Art al Quadrat (Mónica e Gema Del Rey Jordà). Trátase dun proxecto artístico expositivo, que busca recuperar a memoria das mulleres rapadas durante a ditadura franquista, unha práctica coa que os golpistas tentaba humillar a mullleres que militaban en organizacións de esquerda, que participan na resistencia ao fascismo, ou que simplemente eran familiares de esquerdistas.
O proxecto destaca que "moitas mulleres que, segundo o novo Estado, transgrediran o seu papel de feminidade tradicional ou eran familiares de persoas significadas politicamente, foron vítimas durante a Guerra Civil Española e Postguerra dos violentos escarnios públicos que as degradaban e humillaban fronte a toda a poboación".
"Para castigalas publicamente rapábaselles o pelo, dábaselles de beber aceite de rícino, un poderoso laxante, e eran paseadas polas rúas céntricas do pobo ou a cidade", sinalan, engadindo que ademais desta humillación pública, moitas veces estas mulleres tamén sufrían outros castigos, coma violacións ou eran asasinadas
"Para castigalas publicamente rapábaselles o pelo, dábaselles de beber aceite de rícino, un poderoso laxante, e eran paseadas polas rúas céntricas do pobo ou a cidade", sinalan, engadindo que ademais desta humillación pública, moitas veces estas mulleres tamén sufrían outros castigos, coma violacións ou eran asasinadas. "Estes castigos eran extraoficiais e non hai constancia documental, salvo nalgúns casos puntuais, que se foron documentando e expoñendo", engaden.
Por este motivo, Art al Quadrat realizou en 2018 no Museo Valenciano da Ilustración e a Modernidade (MUVIM) unha exposición onde a arte contemporánea e a historia entrelazan o sufrimento destas vítimas nun exercicio de reparación colectiva e dignificación da memoria.
A inauguración da exposición tivo lugar este xoves, nun acto que se completou cunha sesión de cinema-debate no que se proxectou a película documental Sacar á luz. A memoria dás Rapadas
É o caso, por exemplo, de Anunciación Casado Atanes, alcumada "a Pasionaria galega", executada o 21 de agosto de 1936 en Viana do Bolo. Destacou como organizadora sindical do campesiñado e dos traballadores do ferrocarril, responsable tamén do Partido Comunista na comarca do Bolo. O seu asasinato veu precedido de varios días de persecución, ata que finalmente a muller foi detida polos falanxistas de Verín, que a ultraxaron e raparon o seu cabelo antes de matala. Ademais, antes da súa execución foi exhibida nun carro de bois pola contorna da Gudiña.
A inauguración da exposición tivo lugar este xoves, nun acto que se completou cunha sesión de cinema-debate no que se proxectou a película documental Sacar á luz. A memoria dás Rapadas que contou coa presenza das autoras, Gema e Mónica del Rey (Art al Quadrat). Houbo, así mesmo, un debate posterior ao que asistiron integrantes do cineclube Valle Inclán, así como as asociacións pola Dignificación de Víctimas do Fascismo (ADVF) e a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) de Lugo.
Vaise facer unha recollida de testemuños, lembranzas e historias vencelladas coas mulleres rapadas en Galicia que contribúan a ampliar os casos documentados e recollidos na investigación realizada polas artistas, incorporándose as localidades nas que ditos feitos aconteceron ao mapa do proxecto
Ademais da difusión desta realidade moitas veces silenciada, o proxecto tamén propón abrir novos camiños para a homenaxe e a investigación. Paraiso, na sala de exposicións estará a disposición do público un espazo
destinado á recollida de achegas voluntarias, con dúas dimensións. En primeiro lugar, vaise facer unha recollida de cabelo para a obra O mechón colectivo en memoria das mulleres rapadas durante o franquismo. Trátase dunha impactante peza de 21 metros de longo que foi elaborada a partir das doazóns de cabelo recollidas durante as accións colectivas levadas a cabo polas artistas e tamén a través doutras colaboracións.
En segundo lugar, vaise facer unha recollida de testemuños, lembranzas e historias vencelladas coas mulleres rapadas en Galicia que contribúan a ampliar os casos documentados e recollidos na investigación realizada polas artistas, incorporándose as localidades nas que ditos feitos aconteceron ao mapa do proxecto.