Os vehículos de combustión interna teñen os días contados. Aínda non se concretou a data na que deixarán de circular polas estradas ou na que deixarán de venderse, pero os prazos dificilmente se estenderán máis aló dun par de décadas. De forma máis inmediata, ademais, xa no ano 2023, os centros das cidades de máis de 50.000 habitantes establecerán limitacións aos coches máis contaminantes, primando a utilización de coches eléctricos.
As dúas entidades salientan que un dos principais obstáculos para o crecemento do vehículo eléctrico no Estado español é "a falta dunha rede pública de puntos de recarga numerosa e suficientemente estendida por toda a xeografía"
Estes vehículos, iso si, representan de momento unha minoría, cunha cota de mercado no primeiro semestre deste ano do 2% para los turismos eléctricos e dun 4,2% para os turismos híbridos enchufables. Pero o obxectivo do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) é que no ano 2030 circulen polas estradas españolas un mínimo de 3 millóns de turismos eléctricos e híbridos enchufables. Para acadar estes obxectivos, é necesario multiplicar por oito as actuais vendas de turismos electrificados, para acadar unha cota de mercado superior ao 40%.
A proposta establece un obxectivo final, no ano 2030, e tamén obxectivos intermedios. Deste xeito, para o ano 2023, propón a instalación en Galicia de 3.155 puntos de recarga de acceso público, que serían 5.114 en 2025
Estes vehículos eléctricos necesitan dunha infraestrutura de alimentación e recarga actualmente inexistente, puntos de recarga que substituirán aos actuais surtidores de gasolina. Na actualidade hai en Galicia 330 puntos de recarga de acceso público. Por este motivo, a Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións (ANFAC) e a patronal dos concesionarios (Faconauto) veñen de presentar unha proposta de despregamento de puntos de recarga de acceso público para vehículos electrificados que inclúe a instalación ata o ano 2030 de 340.000 puntos de recarga en todo o Estado, 16.426 en Galicia.
As dúas entidades salientan que un dos principais obstáculos para o crecemento do vehículo eléctrico no Estado español é "a falta dunha rede pública de puntos de recarga numerosa e suficientemente estendida por toda a xeografía", un elemento que incrementa as "inseguridades á hora de adquirir un vehículo desta tecnoloxía".
A proposta das dúas entidades establece un obxectivo final, no ano 2030, e tamén obxectivos intermedios. Deste xeito, para o ano 2023, propón a instalación en Galicia de 3.155 puntos de recarga de acceso público, que serían 5.114 en 2025. Así mesmo, segmenta a súa iniciativas por provincias e, ademais, propón un número de determinado de puntos de recarga nas principais estradas e autoestradas do país, de xeito que por exemplo a AP-9 contaría con 2 puntos de recarga no 2023, con 9 no 2025 e con 46 no 2030. De igual xeito, a A-52 chegaría a 26 puntos de recarga nese ano 2030 e os treitos galegos da A-6 sumarían 30 puntos de recarga.
A AP-9 contaría con 46 puntos de recarga no 2030. De igual xeito, a A-52 chegaría a 26 puntos de recarga nese e os treitos galegos da A-6 sumarían 30 puntos
Para establecer o indicador sobre os puntos necesarios e a súa distribución ao longo do territorio, partiuse da previsión de cota de parque de vehículos electrificados (turismos e comerciais lixeiros) en cada provincia ata 2030 e a cota de poboación motorizable en cada provincia, para posteriormente aplicar unha distribución cualitativa por provincia en base a tres cocientes: un punto de máis de 50 kW por cada 100 vehículos eléctricos puros; un de máis de 150 kW por cada 1.000 vehículos eléctricos puros e outro máis de 250 kW por cada 1.000 vehículos eléctricos puros.