Galicia é unha terra de contrastes. Ocorre en case todas as variables: a diversidade do teritorio fai que uns e outros concellos presenten valores moi distintos na maior parte dos conceptos, comezando polo da vivenda, un dos asuntos máis de actualidade debido á crise de acceso e de prezos que a sociedade leva anos sufrindo.
As vivendas en edificios colectivos son maioría en Galicia, pois suman algo máis de 1,2 millóns das 2,2 millóns de vivendas habitadas no país, fronte ás ao redor de 984 mil unifamiliares.
Neste senso, a tipoloxía das vivendas existentes en cada lugar de Galicia varía moito, dende os moitos concellos da zona rural nos que práctica totalidade dos inmobles son unifamiliares e independentes, ata as zonas urbanas nas que os edificios de pisos gañaron peso no último medio século e continúan a facelo.
Así, atopamos que na cidade da Coruña o 96,2% das vivendas habitadas son pisos, mentres que apenas o 3,4% aparecen como casas unifamiliares. É unha realidade que se repite nas restantes cidades do país, aínda que con porcentaxes máis reducidas. En Ourense apenas o 13,5% das vivendas son unifamiliares, o mesmo que en Lugo (14,9%), Ferrol (16,6%), Vigo (20,3%) e Pontevedra (24,8%). Santiago é a cidade galega cunha maior porcentaxe de vivendas unifamiliares, máis do 30%, esparexidas polo seu extenso termo municipal.
Esa diferenza débese á gran maioría de pisos existentes nas zonas urbanas. En realidade, as vivendas en edificios colectivos só predominan nuns 45 concellos, mentres que no resto -uns 267- son máis as unifamiliares
Nos primeiros lugares desta relación atopamos tamén algúns concellos fóra das áreas urbanas, como Burela (apenas o 15% de vivendas unifamiliares), O Barco de Valdeorras (24,8%), Betanzos (26,1%) ou O Carballiño (27,4%). E tamén localidades situadas nas áreas metropolitanas, como Narón, Arteixo, Ames ou Culleredo, todos ao redor do 30%.
As vivendas en edificios colectivos son maioría en Galicia, pois suman algo máis de 1,2 millóns das 2,2 millóns de vivendas habitadas no país, fronte ás ao redor de 984 mil unifamiliares.
Porén, esa diferenza débese á gran maioría de pisos existentes nas zonas urbanas. En realidade, as vivendas en edificios colectivos só predominan nuns 45 concellos, mentres que no resto -uns 267- son máis as unifamiliares.
Así, na cidade da Coruña o 96,2% das vivendas habitadas son pisos, mentres que apenas o 3,4% aparecen como casas unifamiliares. Pola contra, na maior parte da superficie de Galicia a tipoloxía de vivenda predominante son as casas unifamiliares. En case a metade (138) hai máis dun 90%
Así pois, na maior parte da superficie de Galicia a tipoloxía de vivenda predominante son as casas unifamiliares, que chegan a ser o 100% dos inmobles en Chandrexa de Queixa ou Portas, concellos sen edificios de pisos. Noutros 79 a porcentaxe de vivendas unifamiliares supera o 95% do total e case na metade (138) hai máis dun 90% de casas unifamiliares.
A Galicia de nova construción
Na maior parte dos concellos cunha proporción destacada de edificios de pisos, a porcentaxe de vivendas construídas nas últimas décadas é importante. Este é outro dos datos achegados polo Instituto Galego de Estatística na súa entrega sobre a tipoloxía e características das vivendas, resultado da explotación dos datos do Censo do INE.
En Salceda de Caselas máis da metade das vivendas familiares construíronse neste século. Ribadumia, Brión, Barbadás, Miño, Ames, Salvaterra de Miño, Carral ou Tomiño superan o 40%
Aquí, de novo, atopamos varias Galicia nunha, con concellos como Salceda de Caselas nos que máis da metade das vivendas habitadas -o 52,4%- foron construídas no século XXI (e o 70% despois de 1990), cifras semellantes ás de Ribadumia, Brión, Barbadás, Miño, Ames, Salvaterra de Miño, Carral ou Tomiño, todos por riba do 40% de vivendas construídas neste século malia o parón experimentado pola construción entre 2010 e 2020.
Vilaboa, A Lama, O Porriño, Moraña, Miño e Mos son, por certo, as localidades cunha maior proporción de vivendas construídas dende 2010.
Entre as cidades son Pontevedra, Santiago e Lugo as que teñen un parque de vivendas máis moderno
Entre as cidades son Pontevedra, Santiago e Lugo as que teñen un parque de vivendas máis moderno, con case un 25% de inmobles construídos despois de 2001, algo por riba da media galega (22%). O resto das urbes están por debaixo da media do país, con Coruña (18%), Ourense (17%), Vigo (16%) e sobre todo Ferrol (13%).
No outro extremo, hai un cento de concellos con menos do 10% do seu parque de vivendas familiares construídas nos últimos 25 anos.
En 52 concellos máis da metade das casas habitadas ten 75 anos ou máis. Destaca o caso de Ourol, con máis do 80% das súas vivendas familiares construídas antes dese ano. En Negueira de Muñiz, Samos, Ribeira de Piquín, Chandrexa de Queixa ou Parada de Sil a porcentaxe supera tamén o 70%
A maior parte dese cento de concellos con poucos inmobles de nova construción teñen un parque de vivendas construído de antes de 1951. Destaca o caso de Ourol, con máis do 80% das súas vivendas familiares construídas antes dese ano. En Negueira de Muñiz, Samos, Ribeira de Piquín, Chandrexa de Queixa ou Parada de Sil a porcentaxe supera tamén o 70%. En 52 concellos máis da metade das casas habitadas ten 75 anos ou máis.
No extremo contrario, en Burela ou Baiona a porcentaxe non chega ao 5%. E nas cidades da Coruña e Ourense rolda o 6%, o mesmo que en Arteixo, Nigrán, Culleredo ou Narón. En Lugo a proporción é do 7%, en Vigo do 8%, en Pontevedra do 9% e en Santiago rolda o 10%. Ferrol é a cidade cun parque de vivendas familiares máis antigo: o 14% supera os 75 anos.