Nova Escola Galega: catro décadas de defensa do ensino público e a renovación pedagóxica

Actos de celebración do 40 aniversario de Nova Escola Galega no Museo do Pobo Galego © NEG

O 11 de xuño de 1983 constituíuse en Santiago Nova Escola Galega, un movemento asociativo de base de docentes e técnicos de educación que buscaba impulsara a renovación pedagóxica e a galeguización do sistema educativo no país. 

O 11 de xuño de 1983 constituíuse en Santiago Nova Escola Galega (NEG), un movemento asociativo de base de docentes e técnicos de educación que buscaba impulsara a renovación pedagóxica e a galeguización do sistema educativo no país. 

Esta fin de semana Nova Escola Galega celebrou no Museo do Pobo Galego o seu 40 aniversario cun amplo programa de actividades que incluíu un congreso, a posta en común das conclusións de varios grupos de traballo, a presentación do relatorio sobre Educación Pública Nova Escola Galega ante o tempo presente da Educación: retos e propostas e a lectura do manifesto O modelo de educación pública que defendemos.

Foto de familia das e dos participantes nos actos de celebración do 40 aniversario de Nova Escola Galega © NEG

O sábado realizouse a lectura do manifesto de Nova Escola Galega Modelo de Educación Pública que Defendemos e presentouse o relatorio Nova Escola Galega ante o tempo presente da Educación: retos e propostas

O I Congreso de Nova Escola Galega comezou o venres coa presenza de María Rozas, primeira tenente de alcaldesa de Santiago de Compostela, Miriam Louzao, Concelleira de Educación na cidade, Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña, Manuel Corredoira, Vicepresidente do Consello Escolar de Galicia, Silvestre Gómez Xurxo, secretario do Consello da Cultura Galega, Xosé Ramón López Boullón, representante da CTNL, Marcos Maceira Eiras, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e Diego Boquete Sánchez, delegado de Acción Social de CIG Ensino, entre outras autoridades e representantes de institucións e entidades.

Nesta primeira xornada inaugural, os diversos grupos de traballo que integran NEG (Cavila, Coeducando, Educación no Rural, Educadores/as pola Paz, Fiar Estrelas, Memoria histórica, Normalización Lingüística e Revista Galega de Educación...) expuxeron ante os presentes as súas principais liñas de actividade.

Unha conferencia de Mª Ángeles Llorente Cortés sobre os desafíos da educación pública no contexto actual abriu o programa do sábado. Ademais, presentouse o relatorio Nova Escola Galega ante o tempo presente da Educación: retos e propostas, aprobado pola tarde.

Cómpre ademais salientar a Mención especial in memoriam a Xosé Manuel Rodríguez Abella, quen fora técnico de Educación do Concello de Santiago de Compostela

Seguiu á conferencia o nomeamento dos novos socios e socias de honra de NEG, distincións coas que se recoñece un labor de compromiso cos ideais dunha escola pública, galega e transformadora e que recaeron en Bertila Fernández Pérez, Valentina Formoso Gosende, Sofía Riveiro Olveira, Santiago Veloso Troncoso e Sabela Díaz Regueiro. Cómpre ademais salientar a Mención especial in memoriam a Xosé Manuel Rodríguez Abella, quen fora técnico de Educación do Concello de Santiago de Compostela. 

Tamén houbo unha Mención especial a Noelia Pillado Fraga, Alejandro González Méndez, Elena Pérez López, Rubén Iglesias Seoane, Benjamín Longarela Pérez e Pablo Gómez Esqueira, "mestres e mestras do rural que están iniciando o seu camiño profesional asumindo un compromiso co ensino e co país moi esperanzador", destaca Nova Escola Galega.

Actos de celebración do 40 aniversario de Nova Escola Galega no Museo do Pobo Galego © NEG

Andrea Maroñas Bermúdez substitúe a Xosé Lastra Muruais na presidencia de NEG

Así mesmo, o sábado realizouse a lectura do manifesto de Nova Escola Galega Modelo de Educación Pública que Defendemos,. Posteriormente tivo lugar un concerto de A Banda da Loba e unha ofrenda floral a Castelao, no panteón de galegos ilustres de San Domingos de Bonaval. 

O domingo deu remate o programa coa celebración da Asemblea ordinaria de Nova Escola Galega para a renovación do Secretariado Nacional da entidade. Este órgano directivo mudou a maioría dos seus integrantes, quedando substituído Xosé Lastra Muruais na presidencia de NEG por Andrea Maroñas Bermúdez.

40 anos de defensa da escola pública

Nova Escola Galega botou a andar en 1983 co obxectivo de acadar un sistema educativo "galego, público e democrático"

Nova Escola Galega botou a andar en 1983 co obxectivo de acadar un sistema educativo "galego, público e democrático", unha tarefa na que confluíron na entidade algunhas iniciativas que se puxeran en marcha nos anos anteriores, como Escola Aberta, Avantar, Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega, Albe-Galicia ou Xilbarbeira. 

Como se detalla nesta publicación, dende o seu comezo NEG levou a cabo un gran número de actividades: Escolas de Verán para o profesorado, de Xornadas de Preescolar e Ciclo Infantil, de Escola Rural en Galicia, de Normalización Lingüística, de Reforma Pedagóxica... 

Actos de celebración do 40 aniversario de Nova Escola Galega no Museo do Pobo Galego © NEG

En 1986 creou a Revista Galega de Educación, da que saíron 85 números

Así mesmo, no campo editorial, ademais dos libros de texto e outros de carácter didáctico editados baixo a autoría de asociados e asociadas a Nova Escola Galega, cómpre destacar a colección editorial “Cadernos de Nova Escola Galega” con seis títulos editados, e a elaboración editorial e promoción da Revista Galega de Educación, da que saíron 85 números dende 1986.

A Asociación pertence á Confederación Estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica, con habitual participación desde o momento da súa constitución; á Coordinadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica, nos pasados anos noventa; e tamén á Federación Internacional de Movementos de Escola Moderna (FIMEM).

Como recoñecemento ao traballo da Asociación, foi declarada “Iniciativa Cultural” sobresaínte do ano 1987 nos recoñecidos Premios da Crítica de Galicia daquel ano. En Maio de 2012 recibiu o Pedrón de Ouro na Casa Museo de Rosalía, en Padrón. E en 2022 recibiu tamén un dos tres recoñecementos do Premio Lois Peña Novo, como iniciativa cultural e educativa.

Actuación de 'A banda da loba' nos actos de celebración do 40 aniversario de Nova Escola Galega no Museo do Pobo Galego © NEG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.