Desde o 25 de febreiro de 2022, é correspondente na guerra de Ucraína. Cubriu a crise de refuxiados, para logo chegar a Kíiv a mediados de marzo, cando comezou o asedio da capital
O xornalista freelance lucense Marcos Méndez é o gañador da XIX edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol. Méndez, centrado actualmente na cobertura da guerra de Ucraína, envía crónicas para El Progreso, a TVG e a Radio Galega, Telecinco, Cuatro, AIL ou a Televisión Caracol de Colombia.
Desde o 25 de febreiro de 2022, é correspondente na guerra de Ucraína. Cubriu a crise de refuxiados, para logo chegar a Kíiv a mediados de marzo, cando comezou o asedio da capital. Estivo informando por todo o país. incluíndo o Donbás, Khárkiv, Mykolaiv ata Odesa. Recibirá o premio en Ferrol nos primeiros días de maio, nunha data aínda por concretar.
A acta do premio, para o que eran finalistas tamén Mònica Bernabé e Reporteiros sen Fronteiras, lembra a José Couso vinte anos despois de que o exército estadounidense provocase a súa morte nun ataque ao Hotel Paletina, onde se aloxaban os xornalistas independentes que cubrían a invasión de Iraq.
"Neste ano, no que seguimos a pedir xustiza para José Couso, temos que mirar ao noso arredor con preocupación pola situación no que os e as xornalistas levan a cabo o seu labor", sinalan as organizacións convocantes, que reclaman que "dunha vez por todas se esclarezan os asasinatos de José Couso e Taras Protsyuk" no Hotel Palestina
"Neste ano, no que seguimos a pedir xustiza para José Couso, temos que mirar ao noso arredor con preocupación pola situación no que os e as xornalistas levan a cabo o seu labor", sinalan as organizacións convocantes, que destacan que "a situación en países como Ucraína, onde, segundo Reporteiros Sen Fronteiras, xa morreron oito xornalistas dende o comezo do conflito, ou a de Irán e Afganistán, onde a liberdade de prensa desapareceu xunto con outros dereitos fundamentais, supoñen un panorama mundial difícil para os xornalistas, pero aínda peor para as xornalistas".
As dúas entidades fan un "chamamento ás autoridades para que poñan todos os medios para defender a liberdade de prensa e o dereito a informar, base de calquera sociedade civilizada e democrática" e reclaman que "dunha vez por todas se esclarezan os asasinatos de José Couso e Taras Protsyuk" no Hotel Palestina.
A acta tamén inclúe, como xa fixera o pasado ano, unha mención especial, ao xornalista Pablo González, encarcerado en Polonia desde o 28 de febreiro de 2022
A acta tamén inclúe, como xa fixera o pasado ano, unha mención especial, ao xornalista Pablo González, encarcerado en Polonia desde o 28 de febreiro de 2022 por realizar o seu traballo informativo cubrindo a chegada de refuxiados ucraínos ao país. Porén, o reporteiro -que permaneceu moito tempo incomunicado, sen poder ter contacto coa súa familia ou co seu avogado- foi acusado de espiar para Rusia e enfróntase a unha posible pena de dez anos de cadea. "Solicitamos das autoridades que realicen todas as xestións necesarias para que se respecten os seus dereitos e se aclare a súa situación xudicial, con todas as garantías, o antes posible", din o Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol
O gañador
As dúas entidades fan un "chamamento ás autoridades para que poñan todos os medios para defender a liberdade de prensa e o dereito a informar, base de calquera sociedade civilizada e democrática"
Marcos Méndez Moreira naceu en Lugo en 1976 e é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Navarra, ademais de ter o mestrado en Produción Audiovisual pola Universidad Complutense e o mestrado de Industrias Creativas na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou o seu doutoramento cun traballo audiovisual sobre o tratamento en TVE do VIH durante os 30 primeiros anos da pandemia.
En 1996 comezou a incorporarse aos medios de comunicación, exercendo como xornalista en Localia Telelugo, Atlas Galícia (Tele5), Antena3 e TVE. Desde 2010 traballa como xornalista freelance en medios como a Televisión de Galicia, a Radio Galega, laSexta, Tele5, Cuatro, Alianza Informativa Latinoamericana e Tv Caracol. O seu labor xornalístico lévao aos cinco continentes, desde onde informou de acontecementos como as Olimpíadas de Sydney ou a erupción do volcán Cumbre Vieja na Palma.
O reporteiro, que se impuxo a Mònica Bernabé e Reporteiros sen Fronteiras, recibirá o premio en Ferrol a primeiros de maio
Marcos Méndez súmase así á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Lee Anderson (2007); José Vidal – Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consejo de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013), Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014), Jordi Évole (2015), Miguel Ángel Aguilar (2016), Xosé Hermida (2017), Julia Otero (2018), Defende A Galega (2019), Lorenzo Milá (2020), Manuel Rico (2021) e Érika Reija (2022) foron os e as gañadoras.