Os casos de COVID vinculados ao ensino seguen por riba do milleiro e provocan o peche de 52 aulas

Aula no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño © IES Antón Alonso Ríos

Os casos de coronavirus vinculados a centros educativos sitúanse en 1.062, 44 menos que hai un día, con 52 aulas pechadas

Os casos de coronavirus vinculados aos centros educativos galegos sitúanse en 1.062, segundo os datos facilitados este sábado pola Consellería de Sanidade. Son 44 menos que os notificados hai un día, aínda que o número de aulas pechadas sobe ata as 52 logo de anunciarse unha nova clausura. 

Os únicos dous centros pechados en Galicia por mor da COVID en Galicia son as escola infantil da Barcala, en Cambre, debido a un caso detecado, ademais doutro centro infantil, A Xirandola en Santiago, que leva xa unha semana sen actividade por outra infección. 

De entre todos os centros educativos, o CEIP Fogar de Carballo segue a ser o máis afectado, con 14 positivos que, aínda así, son seis menos que os que tiña na xornada anterior. 

En canto ás zonas más afectadas, coinciden coas máis poboadas de Galicia. Na área de Vigo o número de contaxios vinculados a centros educativos é de 300, tras caer en 17 nunha xornada. Ademais, hai seis aulas en cuarentena. 

Os centros máis afectados, con cadanseus oito casos, son o IES Pino Manso, do Porriño, e Las Acacias Montecastelo e Plurilingüe Mariano, ambos na urbe viguesa

Na Coruña, segunda área sanitaria máis afectada, os casos baixan de 250 a 238 e hai clausuradas un total de 15 aulas, dúas menos que a xornada anterior. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.