Dende hai unhas semanas pódese consultar na rede un Visor dos Sistemas Municipais de Abastecemento de Auga de Galicia, con información sobre o tipo de xestión (pública, privada ou mixta) existente en cada concello, a entidade ou empresa responsable, os anos pendentes de concesión privada (no caso de habela), ademais de información sobre o ratio de perdas no sistema e tamén sobre os custos económicos para o Concello e consumidores. A ferramenta foi presentada oficialmente na AtlanticaConf o pasado 23 de setembro,
Dende hai unhas semanas pódese consultar na rede un Visor dos Sistemas Municipais de Abastecemento de Auga de Galicia. A ferramenta de información pública non foi posta en marcha pola Xunta, senón que é unha realidade grazas ao Grupo de Dereito á Auga de Enxeñería Sen Fronteiras
O Visor non foi posto en marcha pola Xunta ou por algunha outra administración pública, senón que é unha realidade grazas ao impulso do Grupo de Dereito á Auga da ONG Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Integrantes desta entidade buscaban "coñecer o estado dos abastecementos de auga" nos concellos galegos "para poder facer unha valoración do grao de aseguramento do dereito á auga segundo as distintas dimensións do mesmo", como explican neste artigo publicado en Praza.gal. Porén, atoparon que esta información non estaba dispoñible de xeito público para a cidadanía, de xeito que comezaron a elaborar esta ferramenta, grazas a un "inxente traballo, case todo voluntario", froito da colaboración de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e Ecoloxistas en Acción, co apoio técnico do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña.
De momento, o visor conta con datos de 159 concellos, mentres que o resto (practicamente a metade do país) non respondeu á solicitude pública de información. A Valedora do Pobo segue a día de hoxe requirindo os datos restantes "por ser públicos e existir un dereito a coñecelos da cidadanía"
Toda a información para a realización do visor foi obtida con datos proporcionados polos concellos a partir das solicitudes realizadas dende o ano 2021 en cada un dos rexistros telemáticos, un por un, con respostas que continúan a chegar para completar a ferramenta. De momento, o visor conta con datos de 159 concellos, mentres que o resto (practicamente a metade do país) non respondeu á solicitude pública de información.
A pesar do requirimento, moitos concellos continúan sen enviar os datos, con diferentes escusas: uns 20 indicaban que non lles constaba a solicitude, outros escusáronse en "non dar abasto, pola falta de persoal ao xuntarse distintos expedientes que sacar adiante" e nalgúns casos os concellos pediron os datos ás concesionarias e estas están tardando en responder, aseguran. Con todo, a Valedora do Pobo segue a día de hoxe requirindo os datos restantes "por ser públicos e existir un dereito a coñecelos da cidadanía", destaca Enxeñería Sen Fronteiras, que espera que ao longo deste ano "cheguen máis datos de máis concellos".
Dos concellos dos que dispón de información, a xestión da auga é pública en 77, mentres que en 68 está privatizada mediante concesión e noutros 8 é mixta
Dos concellos dos que dispón de información, a xestión da auga é pública en 77, mentres que en 68 está privatizada mediante concesión e noutros 8 é mixta. Espina&Delfín (26 localidades) e Viaqua (27 concellos) son as dúas empresas con máis concesións, por diante de FCC Aqualia.
Enxeñeiros sen Fronteiras cre que a ferramenta de información pública permitirá mellorar o mantemento do sistema de auga e sinala que "sería óptimo se se contase en Galicia cun Observatorio da Auga". "Cun ente deste tipo poderíanse integrar tamén datos doutro tipo de abastecemento de auga potable moi importante no país, como son as traídas veciñais de auga, se cabe aínda máis descoñecidas que as municipais", comentan. O caudal das traídas veciñais non está tan controlado coma o das augas municipais. E nalgúns concellos, sobre todo rurais, as traídas veciñais son moi importantes, chegando a representar o groso do sistema de abastecemento.
Dende a entidade saliéntase que "para coidar é necesario coñecer: coñecer as necesidades, o estado actual e a evolución do que se quere coidar" e anúnciase que unha vez que o visor se puxo en marcha "espérase comezar a realizar estudos e comparativas"
Dende a entidade saliéntase que "para coidar é necesario coñecer: coñecer as necesidades, o estado actual e a evolución do que se quere coidar" e anúnciase que unha vez que o visor se puxo en marcha "espérase comezar a realizar estudos e comparativas". Loisa Lariño, enxeñeira e integrante do grupo de Dereito á Auga que realizou o groso do traballo, destaca en conversa con Praza.gal que “temos xa algúns datos que son interesantes para o público, algúns que de por si xa din moito, coma os anos que este servizo leva externalizado ou os anos que quedan para o final da concesión”.
Con todo, o traballo máis relevante chegará a partir da análise comparada de todos os datos, unha vez que se complete a ferramenta. "Será interesante analizar tendencias en canto ás tarifas, porque cada concello ten as súas tarifas propias de auga e é importante ver se estas dependen da localización xeográfica ou da empresas que xestiona a concesión", destaca Lariño.
"Queremos ver tamén por que hai perdas de auga tan importantes nalgúns concellos e se isto ten que ver coa antigüidade da infraestrutura", engade
"Augas de Galicia ten moitos destes datos, pero moita desa información non é pública. E mesmo cando estes datos se publican, a forma de publicación non é atractiva nin facilita a súa lectura pola cidadanía. Non queremos só que estes datos sexan públicos, senón que tamén sexan accesibles", explica Lariño.
"Queremos ver tamén por que hai perdas de auga tan importantes nalgúns concellos e se isto ten que ver coa antigüidade da infraestrutura", engade. Lariño subliña que "todos os sistemas teñen perdas, pero vemos que hai concellos que descoñecen este dato. E se ti non sabes se tes perdas e onde as tes, é imposible que as poidas arranxar". A enxeñeira salienta que "sempre é importante coñecer estes datos, pero moito máis no actual contexto de cambio climático e carencia de auga"