Racismo e machismo: a "lóxica estrutural" que sofren as traballadoras do fogar e coidados

Traballadora do fogar CC-BY-SA CCOO Galicia

O informe de SOS Racismo afonda nas situacións de discriminación por motivos raciais ou xenofóbicos que sofren moitas das mulleres que realizan traballo doméstico e de coidados

A Federación SOS Racismo presentou hai uns días o Informe anual 2025. Expresións de racismo e violencia contra as traballadoras do fogar e de coidados no Estado español, un estudo que afonda nas situacións de discriminación por motivos raciais ou xenofóbicos que sofren moitas das persoas que realizan traballo doméstico e de coidados no desenvolvemento da súa actividade. A investigación parte de entrevistas a 431 persoas -maioritariamente mulleres- en Aragón, Cataluña, Euskadi, Navarra e Galicia, realizadas as traballadoras domésticas, técnicas de orientación laboral e persoas empregadoras.

A metade das traballadoras entrevistadas afirma ter sufrido discriminación racial, e outro 15% di ter presenciado actos racistas e machistas cara a outras compañeiras. Este estudo, de tipo cualitativo, únese ao informe anual correspondente ao ano 2024, presentado hai uns meses, que recollía case 600 casos de agresións, discriminacións e outras accións motivadas polo racismo no conxunto do Estado, varias delas, de especial gravidade, en Galicia.

Capa do informe de SOS Racismo © SOS Racismo

A metade das traballadoras entrevistadas afirma ter sufrido discriminación racial, e outro 15% di ter presenciado actos racistas e machistas cara a outras compañeiras

O informe destaca a unión entre discriminación racial e e machismo, unha dobre violencia que sofren as traballadoras do fogar de razas distintas da branca e con orixe noutros países. Unha situación que se manifesta tanto de forma explícita (comentarios despectivos, trato discriminatorio) como implícita (condicións contractuais desiguais, segregación laboral) e que responde "a unha lóxica estrutural, máis que a incidentes illados", destaca SOS Racismo.

"A mí, teniendo documentación en regla y todo, me dicen que necesito un contrato para poder renovar mi situación. Imagina una persona que no tiene documentación. Eso se les hace mucho más complicado. Aceptan trabajar 15 horas diarias, ¿por cuánto? Por 700 euros, por 800 euros, y terminan aceptando y se exponen a estas situaciones de discriminación, a veces maltrato, que te hablen mal o te insulten. Eso pasa mucho en la hostelería, también”, denuncia unha traballadora galega con orixe peruana.

A maior parte das participantes no estudo foron mulleres migrantes latinoamericanas, moitas xa nacionalizadas españolas. Máis do 66% tiña unha situación documental regular, pero esta situación administrativa regular non garante o acceso a mellores condicións, dado que o emprego do fogar e de coidados segue sendo altamente precarizado. 

“Creo que el primer prejuicio es solo el hecho de ser migrante. Y le suma ser latina. Y si eres de color, eso influye muchísimo más. Entonces, a veces se nota como la desconfianza. O como que sienten que pueden tratarlas de alguna manera. El hecho de ser mujer, latina, migrante”, sinalou unha das mulleres entrevistadas, traballadora doméstica galega con orixe colombiana.

Empregada do fogar limpando nun domicilio CC-BY-NC-SA CIG

Burlas sobre o acento, a cor de pel ou unha suposta “incapacidade” para realizar outros traballos están presentes, o mesmo que o trato degradante ou a violencia física ou sexual

Burlas sobre o acento, a cor de pel ou unha suposta “incapacidade” para realizar outros traballos están presentes, o mesmo que o trato degradante ou a violencia física ou sexual. “Un usuario pidió que se le 'asearan' los genitales de forma placentera para él mientras expresaba gestos y movimientos análogos a la respuesta masculina clásica ante la masturbación", sinala outra das entrevistadas galegas, con orixe venezolana. “Fui a una entrevista de trabajo, quien me recibió fue un hombre que solo queria sexo. Nada de lo que me había planteado telefónicamente”, afirma outra, procedente de Colombia.

O informe sinala neste senso que "os corpos destas mulleres son simultaneamente hipersexualizados e sometidos a sospeita moral". “He escuchado muchos comentarios donde dicen que las de afuera, las de Latinoamérica, son chicas muy fáciles, que solo se quieren aprovechar de las personas de España. Interesadas y que buscamos lo fácil”, di outra das traballadoras galegas, con orixe peruana. "Que no podía pintarme las uñas de las manos ni usar labial. Ni ropa pegada al cuerpo, que era una vergüenza, ni usar perfumes, que eso era de puta”, afirma outra das entrevistadas galegas, de orixe peruana.

A hipervixilancia, a desconfianza sistemática, a infantilización e a desvalorización do traballo ("coma ti hai cincocentas", "agradece o que tes") funcionan como mecanismos de violencia simbólica que lexitiman a sobreexplotación e dificultan a denuncia

A hipervixilancia, a desconfianza sistemática, a infantilización e a desvalorización do traballo ("coma ti hai cincocentas", "agradece o que tes") funcionan como mecanismos de violencia simbólica que lexitiman a sobreexplotación e dificultan a denuncia. De igual xeito, sinala o informe, o medo a perder o traballo, a vivenda ou a residencia, xunto co illamento da contorna doméstica "converte esta violencia nunha realidade estrutural e normalizada".

“Nos hemos encontrado gente que viene buscándose la vida sin documentación, que las meten de internas, que abusan las 24 horas de ellas del día entre cuidados de la abuela, la limpieza, y sin hacerles la documentación. Y en cuanto les mencionan eso, las echan. Una persona que la echaron después de cuatro años luego de haber pedido que si por favor le hacían el contrato de trabajo”, explica unha traballadora galega procedente de México.

Xuntanza de afiliadas a Sintrahocu en Vigo © Sintrahocu

Nunhas relacións laborais que son "altamente asimétricas", as persoas empregadoras son "os principais axentes discriminadores". O informe conenta que o réxime do servizo do fogar interno "xera unha vulnerabilidade específica"

Nunhas relacións laborais que son "altamente asimétricas", as persoas empregadoras son "os principais axentes discriminadores". O informe comenta que o réxime do servizo do fogar interno "xera unha vulnerabilidade específica" pois "a convivencia borra as fronteiras entre traballo e afecto". A construción de vínculos emocionais coas familias e as persoas coidadas, lonxe de traducirse en mellores condicións "pode utilizarse para xustificar sobrecarga, dispoñibilidade permanente ou falta de recoñecemento de dereitos laborais e sociais".

“Trabajar de interna, estar 24 horas cuidando a una señora los siete días de la semana prácticamente. Porque a veces pasa que los familiares se descuidan de la madre, de la persona que uno está cuidando. Entonces uno está prácticamente con ellos todo el tiempo por un pago no justo, pero a veces la necesidad también obliga”, relata unha das traballadoras entrevistadas.

“Tengo una amiga que cuidaba a un señor con Alzheimer y ella lo pasaba mal, porque, claro, tenía toda la responsabilidad. Los familiares deberían entender que se está cuidando a una persona con Alzheimer, dar más tiempo de descanso y pagarle lo justo por el sacrificio que aquella persona está haciendo cuidando a su familiar, que no cualquiera lo hace, que a veces hasta los propios familiares se descuidan de la persona mayor que uno cuida", explica outra das traballadoras galegas, con orixe en Honduras.

SOS Racismo explica que predominan as estratexias de resistencia silenciosa -"aguantar"- (29,1%), renunciar ao emprego (22,8%) e tentar negociar directamente coa persoa empregadora (16,6%), como formas de autoprotección fronte a unha contorna laboral percibida como hostil e con escasas garantías

O estudo recolle, así mesmo, as estratexias individuais e colectivas que as traballadoras desenvolven fronte ás discriminacións e as manifestacións de violencia, as formas de enfrontar a discriminación racial, motivos para non denunciar e as razóns que si impulsan a denunciar estes incidentes. Destácase, nestes senso, que "unha maior información e coñecemento sobre dereitos laborais, racismo e violencia de xénero son condicións necesarias aínda que non suficientes para que as traballadoras do fogar e de coidados poidan previr, identificar e afrontar incidentes de discriminación". 

SOS Racismo explica que predominan as estratexias de resistencia silenciosa -"aguantar"- (29,1%), renunciar ao emprego (22,8%) e tentar negociar directamente coa persoa empregadora (16,6%), como formas de autoprotección fronte a unha contorna laboral percibida como hostil e con escasas garantías. Así mesmo, moitas recorren a redes de apoio entre amizades, familiares e compañeiras traballadoras do fogar e de coidados (21,6%) e, en menor medida, a "porse en contacto con asociacións de traballadoras do fogar e de coidados" (8,2%).

Porén, o silencio e a non denuncia seguen sendo maioritarios (63,8%) por desconfianza nas institucións e receo ao proceso de denuncia (35,4%), normalización da discriminación racial e descoñecemento das canles de denuncia (30,1%) e inseguridade laboral e económica (28,9%).

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.