Valença e Tui planifican unha nova ponte sobre o Miño, a terceira en estudo a sumar ás cinco xa existentes

Zona de actuación do proxecto de parque e nova ponte que planifican Tui e Valença © Câmara Municipal de Valença

Un concurso de ideas deseñará un parque ao longo do río que integre máis a eurocidade cunha vía peonil e ciclista de 5,7 quilómetros

A eurocidade formada por Tui e Valença ten xa en estudo a creación dun parque ao longo do río Miño que integre máis as dúas poboacións fronteirizas e que inclúa unha nova ponte peonal e ciclista. O proxecto, anunciado este xoves, é o terceiro de tipo peonil e ciclista en estudo entre vilas das dúas beiras do río (xunto cos de Tomiño-Vila Nova de Cerveira e As Neves-Monçao), que se sumarían ás cinco pontes xa existentes para vehículos (Tomiño-Cerveira, Salvaterra-Monçao, Arbo-Melgaço e as dúas xa existentes en Tui-Valença).

A antiga ponte sobre o Miño entre Valença e Tui, ao fondo na imaxe Dominio Público Eixo Atlántico

O proxecto que agora lanzan Tui e Valença é similar ao que xa teñen avanzado Tomiño e Vila Nova de Cerveira, cun parque ao longo do río (nese caso cunha ponte peonil xa en deseño por parte do estudo Burgos y Garrido). O agora anunciado contempla actuar nunha superficie duns 250.000 metros cadrados ao longo de 5,7 quilómetros das dúas beiras do río.

“Queremos uma ponte porque é uma necessidade, porque os cidadãos mudaram os hábitos e estão a exigir mudanças nos desenhos das cidades", din os rexedores

Segundo salientan Manuel Lopes, presidente da Câmara Municipal de Valença e Henrique Cabaleiro, alcalde de Tui, “queremos uma ponte porque é uma necessidade, porque os cidadãos mudaram os hábitos e estão a exigir mudanças nos desenhos das cidades. Hoje, querem cidades mais humanizadas, com mais espaço dedicado às pessoas”.

Os impulsores do proxecto salientan que “a nova ligação terá um perfil moderna e com materiais leves” e será deseñada no marco dun concurso de ideas que se lanzará agora.

Ponte da autovía entre Tui e Valença CC-BY-NC-SA Plan de Ordenación do Litoral - Xunta de Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.