A campaña entra na derradeira semana antes do 29N

CC-BY-NC-SA Praza.gal
  • Homenaxe a 12 históricos militantes do PSdeG en Ferrol este sábado CC-BY-SA PSdeG

    O PSdeG homenaxea 12 militantes históricos de Ferrol e pide defender "as conquistas sociais polas que loitaron xeracións de socialistas"

    O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou en Ferrol nunha homenaxe a 12 militantes históricos da cidade, entre eles o ex-alcalde Vicente Irisarri. O socialista instou a defender o 29N "as conquistas sociais polas que loitaron xeracións de socialistas". Fíxoo en Ferrol, o lugar "onde naceu todo" co nacemento de Pablo Iglesias, fundador do PSOE, partido que naceu "para defender os intereses e os dereitos da inmensa maioría social do noso país".

  • Evolución da 'autoubicación' ideolóxica en cada territorio do Estado, sobre unha imaxe dunha manifestación en Vigo durante a folga xeral do 11 de novembro © Montaxe: Praza.gal Imaxe: CIG

    Galicia leva anos xirando á esquerda: o suposto feudo conservador, entre os territorios máis progresistas

    Durante décadas Galicia arrastrou o estigma de ser un territorio de dereitas e politicamente conservador. Pero as mobilizacións sociais das últimas décadas, os propios datos electorais e outros indicadores como as enquisas de autodefinición ideolóxica do CIS cuestionan este imaxinario. Galicia é un país progresista. E cada vez máis. Seguir lendo.

  • Cayetana Álvarez de Toledo, candidata do PP por Madrid, en Vigo este venres © PP

    Cayetana Álvarez de Toledo defende nun pazo de Sanxenxo baixar impostos

    Cayetana Álvarez de Toledo, candidata do PP por Madrid, participou este venres en distintos actos en Vigo, Redondela, Sanxenxo ou Pontevedra. En Sanxenxo, nun pazo, os propios populares salientaron que defendeu "medidas que pretende implantar o PP, como a baixada de impostos xeralizada para corrixir a asfixiante presión fiscal dos Gobernos de Pedro Sánchez que impide a moitas familias chegar a final de mes”.

  • Mitin do BNG en Soutomaior na noite deste venres CC-BY-SA BNG

    Pontón chama a "votar con orgullo de país" polo BNG "para que Galiza se faga valer en Madrid e para gañar dereitos e vida digna"

    A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apelou na noite deste venres desde Soutomaior a "ir votar con orgullo" o 29N polo BNG "para facerse valer en Madrid, para avanzar en dereitos e para gañar unha vida digna". "Este 29N temos que dicir con orgullo que aquí estamos os galegos e as galegas, que  aquí estamos para facernos respectar e para defender políticas valentes a favor da maioría", proclamou nun mitin de campaña xunto á cabeza de lista por Pontevedra, Carme da Silva, no que tamén participaron o rexedor, Manuel Lourenzo, e a candidata pola comarca, María Obelleiro. Da Silva comprometeu "traballo sen descanso" no que resta de campaña para dar voz propia "ás persoas que levan Galiza na cabeza e no corazón".

  • Sánchez e Besteiro no mitin do Multiusos do Sar da noite venres CC-BY-SA PSdeG

    Sánchez colle folgos o 20N e supera en Santiago a Feijóo: "Co último goberno da ultradereita non había democracia"

    Nun Multiusos do Sar máis cheo que cos populares, o socialista sobe ao escenario a Ramona Maneiro, coidadora de Ramón Sampedro, e pide "impedir que se derrogue" a lei da eutanasia: "Que difícil é conquistar estes dereitos e que fácil é arrebatalos". Sánchez pediu un 75% de participación para acadar 176 escanos e "gañar á internacional ultradereitista", e Besteiro dixo que "o mellor que fixo Feijóo por Galicia foi marcharse, e o peor que pode facer por España é quedarse". Seguir lendo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.