Concienciadas: como funcionan as vacinas?

O terceiro capítulo de Concienciadas explícanos como funcionan as vacinas CC-BY-NC-SA Praza Pública

Iria Veiga e Javier Balea explícannos como as vacinas axudan o noso organismo a protexerse, pero tamén por que son importantes para protexer a poboación en xeral, especialmente aos seus membros máis vulnerables 

Non é estraño atoparmos por internet adiante presuntas revelacións sobre efectos nocivos da vacinación ou perversas conspiracións ao seu respecto. Moreas de desinformación que dan en derivar nun verdadeiro problema de saúde pública cuxa mellor vía para combatela é, precisamente, a información correcta sobre o xeito en que funcionan as vacinas.

Na terceira entrega de Concienciadas, o espazo de divulgación científica de Praza.gal, Iria Veiga e Javier Balea explícannos como as vacinas axudan o noso organismo a protexerse dos microorganismos que o poidan atacar. E tamén por que a vacinación é importante non só para cada persoa individualmente, senón tamén para toda a poboación en xeral, especialmente para os seus membros máis vulnerables.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.