A iniciativa segue o exemplo de organismos creados nos últimos anos polo Goberno vasco (Ikerbasque) e catalán (ICREA) e ten o obxectivo de "facer da ciencia un factor estratéxico para o desenvolvemento"
O BNG presentou este xoves no Parlamento, no marco dun encontro con representantes da comunidade científica galega, a súa proposta de creación de INNOGAL, unha entidade pública que buscaría potenciar a investigación, achegando "eficacia na xestión de recursos e estabilidade ao persoal científico".
A iniciativa segue o exemplo de organismos creados nos últimos anos polo Goberno vasco (Ikerbasque) e catalán (ICREA) e ten o obxectivo de "facer da ciencia un factor estratéxico para o desenvolvemento de Galiza", subliñando a relevancia da investigación para "crear emprego de calidade e construír unha economía sólida e competitiva, asentada tanto nos sectores produtivos tradicionais como emerxentes".
O Bloque puxo o foco na necesidade de contar con "financiamento estable e suficiente", que debe acadar cando menos a media da Unión Europea
A portavoz nacional da formación, Ana Pontón, e a deputada Olalla Rodil explicaron na cámara os detalles da proposta de lei de INNOGAL, que na proposta lexislativa está deseñado como un organismo público "para facilitar a xeración de ciencia desde unha xestión eficaz e eficiente, tanto dos recursos económicos como humanos e materiais".
Co INNOGAL, que busca "superar a fragmentación da política de I+D+i" o BNG quere "pór o capital humano no centro, promovendo as condicións laborais para reter o persoal investigador, captar talento de excelencia e lograr o retorno de talento emigrado”, sinalou Pontón.
Proponse un programa de recursos humanos para todas as etapas da carreira investigadora, "que achegue estabilidade e planificación aos nosos investigadores e investigadoras”. “Porque o amor a ciencia está ben pero non paga as facturas”, engadiu Pontón
O Bloque puxo o foco na necesidade de contar con "financiamento estable e suficiente", que debe acadar cando menos a media da Unión Europea, e un programa de recursos humanos integral para todas as etapas da carreira investigadora, "que achegue estabilidade e planificación aos nosos investigadores e investigadoras”. “Porque o amor a ciencia está ben pero non paga as facturas”, engadiu Pontón
Malia a importancia do I+D+i, Galicia está moi lonxe do investimento da media europea e por debaixo da media estatal: 1,1% do PIB galego fronte ao 1,43% do conxunto do Estado e ao 2,3% a nivel europeo. O BNG destaca que desde a súa creación en 2001, o ICREA obtivo máis de 780 millóns de euros para fondos de investigación. Pola súa parte, o IkerBasque, creado en 2007, conseguiu un retorno de 175 millóns de euros só no último ano e o País Vasco lidera o investimento en I+D+i cun 2,2% do seu PIB e tamén lidera o retorno per cápita de fondos europeos, porque case triplica a media estatal.
INNOGAL busca "superar a fragmentación da política de I+D+i"
Pontón concluíu que “esta iniciativa lexislativa de creación do INNOGAL parte do carácter estratéxico que o BNG concede á ciencia e á investigación como motor para unha Galiza de futuro, próspera e de vangarda, porque entendemos que a ciencia é clave para o desenvolvemento social e económico e require unha aposta firme, máxime nun momento de grandes cambios e transformacións”.
Malia a importancia do I+D+i, Galicia está moi lonxe do investimento da media europea e por debaixo da media estatal: 1,1% do PIB galego fronte ao 1,43% do conxunto do Estado e ao 2,3% a nivel europeo
Entre os asistentes ao encontro había representantes do Centro de investigación da UdeV (CINBIO), Centro de investigación e Tecnoloxías da comunicación (AtlanTTic), Centro de investigación en tecnoloxías, enerxía e procesos industriais (CINTEX), Centro de investigación en Medicina molecular e enfermidades crónicas (CIMUS), Centro interdisciplinar de investigación en tecnoloxías ambientais (CRETUS), Centro singular de investigación en tecnoloxías intelixentes (CITIUS), Centro singular de investigación en química biolóxica e materiais moleculares (CIQUS) e Centro de investigación e tecnoloxía matemática (CITmaga), entre outros.