Gústache argallar? Tes unha cita na feira 'maker' de Compostela
Este sábado Área Central acolle a primeira xuntanza de inventores e inventoras de Galicia, unha festa do movemento maker que busca poñer en valor os e as creadoras galegas
Este sábado Área Central acolle a primeira xuntanza de inventores e inventoras de Galicia, unha festa do movemento maker que busca poñer en valor os e as creadoras galegas
O encontro Eu Amo Fedellar busca impulsar a construción de maquinaria agrícola en código aberto. Celebrarase en Láncara o vindeiro 23 de outubro, organizado pola Rede ReVOLTA (formada por grupos das tres universidades galegas), Montenoso ou o colectivo maker de Lugo
Segundo os datos do INE, publicados esta semana, amosan que o 71,9% dos galegos e galegas empregan Internet, case sete puntos por debaixo da media española. Na última década a fenda de uso entre Galicia e os territorios máis conectados no Estado apenas se reduciu.
Nos últimos catro anos, en paralelo cunha redución do 14% nos financiamento e dun 5% no número de docentes, as universidades públicas perderon 77 mil estudantes en toda España, 6 mil deles en Galicia. A penetración da privada nos máster ascende ao 30% do alumnado
Confebús pide que o xuíz que suspenda cautelarmente a actividade da plataforma, que pon en contacto xente que quere compartir automóbil. OCU defende a legalidade da web e os seus valores de consumo colaborativo.
Representantes dos alumnos e alumnas denuncian "falta de vontade" do Reitorado da USC para atopar unha vía que lles permita completar as súas titulacións polos plans antigos, que desaparecen este mércores.
Falamos cunha das estudantes da USC que se poden ver prexudicadas pola medida. "A especialidade que escollín xa non existe no grao, polo que non me convalidan todos os créditos. Posiblemente teña que cursar un ano ou ano e medio. E facer, ademais, o proxecto final", di.
Este 30 de setembro quedarán definitivamente extinguidos os vellos plans de estudo, o que pode obrigar un bo número de estudantes a adaptarse aos novos graos para obter a súa titulación. Afectados e afectadas convocan unha xuntanza para este xoves
O evento, que se celebrou esta fin de semana en Silleda, conta co apoio da Xunta, que asinou un convenio de colaboración de 25.000 euros para a súa organización
A Dirección Xeral de Patrimonio e o Concello de Fonsagrada traballan na recuperación da sauna castrexa de Castelón de Castañoso, a mellor conservada da antiga Gallaecia. Manuel Gago e a rede Consiliencia amosan nun vídeo a importancia deste monumento.
A Galipedia, con 12 anos de actividade, vén de superar esta cifra, mellorando ademais a calidade e profundidade dos seus contidos. Os administradores animan os usuarios e usuarias a colaborar, creando ou editando textos, e tamén achegando imaxes da xeografía galega en formato libre